Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Costa da Morte, cartografía dun naufraxio

Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron... Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.

Galego

A Hortiña

A Hortiña é unha peza orientada ao público de educación infantil ata segundo ciclo de primaria, un xeito máis ameno de achegarlles ese mundo das aves, os bosques, e o coidado do medio ambiente a través do dialogo, a participación e a mitoloxía.
ESPECTÁCULO: Porque conta cos elementos propios deste; historia,personaxes, atrezzo, vestiario, desenvolvemento escénico.
CONTO:Porque conserva ese formato de cercanía e comunicación.
OBRADOIRO: Porque o público participa e colabora, con este personaxe nas súas actividades de xardinaría e ornitoloxía entre outras.

Galego

Peque Disco Moc Moc and remember temazos 90-2000

Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC AND REMEMBER TEMAZOS 90-2000!!!

Con este espectáculo no que mesturamos música, circo e clown convertiremos nunha auténtica disco móbil infantil e familiar todo espazo ó que cheguemos.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡YES BABY!

Galego

Os contos de Pablísimo

Pablísimo, a compañía de narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil do actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez, cumpre 25 anos! As súas contadas, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Contos sobre igualdade (Príncipas e princesos), contos feitos coas mans (Mans), contos con moitas palabras (O Paroleiro)... Todos os contos que se poidan imaxinar!

Galego

El Anticoach

Pablo Chiapella e Tian Lara presentan El Anticoach, un espectáculo feito para tentar desmotivar ao actor que deu vida a un dos personaxes máis motivados e icónicos da ficción do noso país.
Un show imprevisible de comedia en estado puro, no que Pablo e Tian combinan monólogos, improvisación, sketches, convidados, participación do público e cousas que nin eles saben como clasificar.
 

Galego

Esto no es culpa de nadie

O novo mundo esfaréase ante os nosos ollos e ninguén quere facerse cargo das súas accións. Mentres tanto, Facu Díaz decidiu volver ao monólogo cómico para entreter á humanidade mentres todo arde ao seu redor. Unha especie de violinista no Titanic, micrófono en man, analiza o que acontece no planeta dun xeito escandalosamente parcial.

Galego

Lo que se permite, se repite

Lo que se permite se repite é unha experiencia colectiva de reflexión que permite detectar a importancia extrema que lle damos ao insignificante e o pouco valor que lle outorgamos ao verdadeiramente importante.
A través da proximidade, da sinceridade, de argumentos contundentes e do seu enxeño, Alejandra consegue mergullarse na intimidade das persoas asistentes, creando unha poderosa conexión de reflexión e humor que che permitirá saír da rutina.
 

Galego

Érase una vez los 80

Érase una vez los 80 é un monólogo no que Jorge Santini repasará como se viviu esa década máxica, desde a infancia ata a adolescencia. Jorge tocará temas moi variados: como se vivía en familia, os xogos da época, a televisión, a tecnoloxía, a moda, saír de troula, o primeiro bico... así como algúns momentos históricos dos oitenta.
Un monólogo no que rirás e emocionaraste, cheo de bo rollo e cun punto de nostalxia.
 
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro