Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

De Vilatriste a Vilalegre

Trepas é o alcume dun habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar á vila das fauces dun malvado dirixente. Xunto a unha inusual superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará? 

De Vilatriste a Vilalegre é unha divertidísima creación de Teatro ó Cubo con monicreques e actores, para pequenas e maiores e en coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario.

Galego

Kinetiko

O público achégase o mundo dos automatismos a través de visitas guiadas teatralizadas de nove pezas artesás, desfrutando da escena e historia que os seus creadores narran ao carón de cada elemento da serie que conforma KINETIKO.

Unha combinación de xogo, arte e técnica.

Personaxes musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos. Historias e contos que nacen do movemento dunha manivela. Efectos especiais utilizados tradicionalmente na escena teatral ou no cine. Un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra.

Galego

Arrivederchi Roma

Neste monólogo teatral e musical Olga Abad encarna a Bella de Pizza unha gran diva da canción popular italiana, amiga de Raffaella Carrá e Sabrina Salerno que chega a terras galegas  para contarnos e cantarnos as suas grandes aventuras e desventuras, os  seus amores e desamores, porque Bella de Pizza ten moito que contar. 

Galego

Ollo piollo!

OLLO PIOLLO é un grupo musical creado no 2021 co fin de dar unha alternativa galega musical ao público infantil. Formado por músicos e animadores, OLLO PIOLLO logra que os seus concertos sexan divertidos e inesquecibles para todo o público.

Un grupo musical formado no ámbito educativo e de tempo libre que fai que conecten instantáneamente co público infantil. 

Galego

A Nena Que Quería Navegar

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

Historias para escagarriñarse

Tres cíngaros percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa. Co seu característico humor repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña... A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse. Un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.

Galego

Procúrase Pepa a Loba

 PROCURA-SE PEPA A LOBA, POR TERRA E MAR

Ano 1890. Inauguración da taberna de Pepa a Loba. A súa gavela ó completo: Xan Quinto "o vello", Maninocente e Calamity Jane celebran este día tan esperado, mais... un cobizado tesouro agóchase moi perto e só ela sabe o segredo. Precisa da túa colaboración...ATRÉVESTE?

Trátase dun contacontos interactivo onde a danza e a música se funden coa natura, poñendo en valor a amizade e a perspectiva de xénero.

Galego

Un saco de contos

UN SACO DE CONTOS é un espectáculo de narración oral composto por unha selección de contos con temática variada e pode adaptarse a público infantil de distintas idades.

Os contos contados nesta sesión saen dun saco máxico cargado de historias que, libremente, vai regalando a cambio de recitados, trabalinguas, cantos, adiviñas...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro