Yerma
Adaptación da obra de Federico García Lorca 'Yerma' A historia dunha muller casada nun matrimonio ordenado polo seu pai e que ela aceptou coa única ilusión de ser nai. Co paso do tempo, a frustración de Yerma por non acadalo vai en aumento e o seu sufrimento lévaa a unha busca desesperada que desencadea unha terrible traxedia.