Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Charlatán Rodríguez

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males.

Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Galego

Murmuraban as miñas veciñas

Espectáculo de narración oral

Historias vivas recollidas para ser contadas de viva voz, aquí presentadas coma unha instantánea, coa humilde intención de que permanezan nalgún lugar. Contos de catro mulleres bravas do Morrazo, que levaron a vida que querían levar.

Narración oral contada desde o humor sen perder a perspectiva da memória histórica de catro mulleres revolucionarias no seu tempo. Historias de mulleres do Morrazo pero que ben poderían ser de calquera vila de Galicia.

Galego

Palabras mayores. Alex O'Dogherty

Álex O’Dogherty: Palabras Mayores é un monólogo caseiro, directo e cheo de desbordantes chistes en lugares inesperados, onde o humorista xoga sen medida coas palabras —falando da súa perra, do seu propio funeral, dos ‘nazis boísta’ ou da intelixencia artificial— e mestura rap, romancero e música en directo. É un espectáculo caótico, libre, moi traballado, recoñecido pola súa enerxía e comicidade aguda .
 

Galego

Abián Díaz. Show patético

Abián Díaz: Show Patético é un monólogo enérxico e sen filtros, onde o humorista fai rir ata facerche saír da sala por falta de aire. Con chistes inesperados e unha dobre tensión entre regresar ou non ao asento, aborda temas diversos mentres mantén unha intensidade cómica que provoca gargalladas constantes .
 
 

Galego

As palabras perdidas

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto.  

Galego

Contos vellos novos finais

CONTOS VELLOS NOVOS FINAIS (Contos de igualdade)

Dende que Caxoto comezou a contar contos alá polo 2005, a educación en valores en xeral e a igualdade de xénero en concreto, foi sempre un eixe transversal na elección do seu repertorio. Ese repertorio foi medrando e hoxe en día Caxoto conta cun amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade entre homes e mulleres: Os estereotipos, a coeducación, os tipos de violencia, a diversidade sexual ...

Galego

Concerto Punkinfantil

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemía de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Galego

O comezo do mundo

Monólogo creado a partir das historias recollidas durante a elaboración do material gráfico da Exposición Ao Pé do Lar.

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.

As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo.

Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.

Galego

Por que é salgada a auga do mar?

A tripulanta RÍAS BAIXAS e o tripulante NORAI son dous científicos con dúas hipóteses para explicar a salinidade das augas do mar. Mentres NORAI cre máis nas teorías científicas, RÍAS BAIXAS pensa que é grazas a unha lenda cuxos protagonistas viviron nun lugar moi perto. Tras representaren a lenda da auga do mar, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños encontrándose con peixes xigantescos e facendo partícipes a toda a comitiva de grandes descubrimentos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro