Por que é salgada a auga do mar?
A tripulanta RÍAS BAIXAS e o tripulante NORAI son dous científicos con dúas hipóteses para explicar a salinidade das augas do mar. Mentres NORAI cre máis nas teorías científicas, RÍAS BAIXAS pensa que é grazas a unha lenda cuxos protagonistas viviron nun lugar moi perto. Tras representaren a lenda da auga do mar, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños encontrándose con peixes xigantescos e facendo partícipes a toda a comitiva de grandes descubrimentos.

