Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Tralalareira

TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral, humor, viño e música para público adulto.

Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d'Abaixo...) ao acordeón.

Que pode sair mal durante unha hora de contos a mesa posta, con algo de viño, brindes e risas? Un espectáculo a pedir de boca, para padais finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba tras dunha lareira..

Galego

O lobo feliz

Abonda de historias de lobos feroces...É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!

O lobo feliz é un contacontos musicado basado no conto do mesmo nome, e contado polo seu protagonista (interpretado polo autor, Miguel Guido).

Un contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia!

Galego

Stand Up

"Stand Up!" é a nova aventura de Danny Boy-Rivera, unha miscelánea de rutinas humorísticas que conforman unha contundente oda ao inconformismo. Un show de stand up comedy no que Danny empúxanos á súa peculiar visión da vida, vista como unha travesía de medos e paixóns comúns na que nos embarca partindo desde a confesión máis descarnada da súa realidade persoal ou a fantasía onírica máis inverosímil, sen perder en ningún momento o sorriso durante a viaxe.

Galego

A forza da queimada

Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO e do seu meiga que invocarán aos Deuses Celtas a través do lume, a música e a forza escénica, onde se mesturan a tradicional queimada coas novas tendencias escénicas. Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra galega a través dos bruxos e bruxas, da Santa Compaña, da Queimada, etc. Os actores interactúa co público facéndoo partícipe do espectáculo.

Galego

Bailen as vellas. Os contos das cereixas

Unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a literatura, a música e a poesía de transmisión oral co gallo das Letras Galegas 2025. As narradoras Atenea García e Vero Rilo trasladan ao escenario o legado e a voz das que non calaron, das que cantaron e bailaron. Os contos ás veces son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis. E así, coma a vida e a amizade, nace esta proposta: botando os contos á boca, un detrás do outro.

Galego

Brincadeiras da lingua

“Brincadeiras da lingua” é un espectáculo de teatro, narración e cancións que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura oral e do cancioneiro popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.

Galego

Onde viven os monstros

Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, acompañada de pequenos contos monstruosos:

“Onde viven os monstros”

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

“O monstro de cores”

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro