O Camiño da Comedia
Función de micro aberto con Pepo Suevos e artistas convidados. Esta función repítese o último domingo de cada mes ás 20:30 h.
Actuación abierta ao club "So lles falta falar".

Función de micro aberto con Pepo Suevos e artistas convidados. Esta función repítese o último domingo de cada mes ás 20:30 h.
Actuación abierta ao club "So lles falta falar".
O recoñecido actor arxentino Gabriel Fernández chega de xira por Galicia coa obra GALEGO.
Fillo e neto de galegos, interpreta neste monólogo a un migrante galego na Arxentina xa moi maior, que desprega a súa memoria nun presente que o volve a interpelar: a súa relación distante co outro espazo —o da orixe— e a referencia do construído no país que o acolleu.
É unha obra que mestura humor, emoción e teatro social, protagonizada por varios dos actores con discapacidade intelectual da exitosa película Campeones. Nesta segunda parte, os protagonistas enfróntanse ao reto de representar unha obra de Federico García Lorca, descubrindo no camiño o valor do teatro, da poesía e da expresión artística como ferramentas de inclusión e transformación. Unha proposta divertida, conmovedora e reivindicativa que pon en valor a diversidade e o talento de todas as persoas.
Noite de comedia na que Bianca Kovacs e Carmen Romero, cómicas, guionistas e youtubers, presentan o seu novo podcast.
Un espectáculo onde non importa moito o que opine a xente. Total, ódianaas.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia neste 2025.
Chega ao Salón Teatro Profetas, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, con texto de Ernesto Is, gañadora no 16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT Ribadavia, 2021.
Profetas é unha obra que presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven atoparse para lembrar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste reencontro, ambos fan repaso da súa extinta relación, lembrando tanto os soños e medos que terminaron por rompela como os éxitos e fracasos que compartiron.
A ASTA – Teatro e Outras Artes xúntase ao Centro Dramático Galego para, a partir da vida e obra da poetisa-escritora Rosalía de Castro, crearen unha obra teatral actual que reflita o seu pensamento e o seu legado. O proxecto conta coa creación, dirección e dramaturxia de Roberto Salgueiro, á cabeza dun elenco de 4 intérpretes galegos e portugueses: Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros e Marta Casais.
SINOPSE

En setembro volve a Ultranoite á Capitol e serán as únicas datas do 2025! O cabaré político que fai escarnio coa actualidade enfróntase a un mundo dominado por ultrarricos. Humor sen arancel. Crítica con denominación de orixe.