Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ansia viva

Oswaldo Digón mestura o seu estilo de cómico de stand-Up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, creando unha experiencia diferente en cada data. Neste espectáculo estará acompañado de Luís Tinaquero, guitarrista de renome e que poñerá música en directo ao show. Ansia viva é un texto que fala con humor e liberdade da ansiedade, algo que todas e todos padecemos. Un formato de comedia novo para afrontar esta incerteza e preocupación.

Galego

O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada

Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

Galego

Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven  con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Galego

Moncho Borrajo 50+1

Moncho Borrajo presenta "50 1" Un show con algúns dos mellores e máis coñecidos textos do artista galego sen política, e improvisacións e pensamentos acerca dos tempos que estamos a vivir. Todo desde o punto de vista humorístico deste gran artista que cumpre este ano, 50+1 anos encima das táboas.

Galego

Falemos como galegas

Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

Galego

Veciños

Dúas portas enfrontadas, un novo veciño no edificio, moito por descubrir e moito por aprender. Quen será e de onde virá? Que valores aprenderás véndonos rir e bailar?

Galego

Un momento precioso

UN MOMENTO PRECIOSO evoca o imaxinario simbólico do xardín asociado á representación onírica do planeta terra como lugar de refuxio, descanso, pracer, armonía e equilíbrio.

Cando xurde nos soños, o xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero UN MOMENTO PRECIOSO transita entre o soño e o pesadelo, o paraiso e o inferno, a luz e a sombra, a construcción e a catástrofe.

Galego

Desexo

Que é o que máis desexas nesta vida?

Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo?

Ata onde chegarías para conseguilo?

Amosarías detalles íntimos da túa vida?

Ensinarías o teu corpo por diñeiro?

Que farías para evitar que a túa parella te deixara?

E para conseguir seguidores?

Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

Galego

Todo unha noite

Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Sabela Hermida. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro