Fábrica de fume
A peza afonda no concepto de arte e industria, explorando as temáticas que xorden ao centrar a atención nas persoas que traballan no ámbito fabril. As directoras inspíranse no fenómeno industrial de Sargadelos, extraendo del o material con maior potencial para a creación colectiva noutras fábricas, non-lugares e experiencias que combinan imaxinación e vivencias persoais arredor do traballo das actrices e actores participantes.

