Bulebule
Bulebule, é o novo espectáculo para público infantil a partir de 4 anos de Os Náufragos Teatro sobre o TDAH, o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade.

Bulebule, é o novo espectáculo para público infantil a partir de 4 anos de Os Náufragos Teatro sobre o TDAH, o Trastorno do déficit de atención con hiperactividade.
Jack e Rose, unha parella que rolda a trintena e que levan xuntos desde a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica á beira do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dúas no faiado.
Promover a igualdade de xénero e previr condutas de violencia machista.
Fomentar as relacións afectivas sas e responsables.
Este conto podería comezar dicindo: "Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices, pero non". Esta historia, escrita por Nunila López Salamero fálanos dunha nova perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras.
As Gardiás, ou o dereito para decidir como xestionar nosa propia vellez.
A guerra é a espresión máis cruel do fracaso total, por eso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros.
Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada non mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer vos personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare ata Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
O Proxecto Territorio de Liberdade é unha coprodución entre a Companhia Certa da Varazim Teatro, o Centro Dramático Galego e Tanxarina Títeres. Coa idea de celebrar os 50 anos da Revolución dos Caraveis en Portugal, e partindo da palabra liberdade, a través dunha serie de preguntas formuladas á comunidade en accións participativas e/ou de escoita, explorarase o concepto de liberdade para diferentes persoas. en diferentes tempos e diferentes territorios.
Corre o ano 1962 en Las Palmas de Gran Canaria. O novo Capitán Xeral Don Pedro e a súa esposa María Luisa Fernández do Campo, a nova responsable da Sección Feminina, chegan a unha Canarias que deben manter baixo control #ante o fervente cristianismo e as normas da ditadura.
Mentres tanto, no recoñecido cabaré Fígaro están a piques de estrear o seu próximo espectáculo: A Voda; unha sátira mordaz contra o réxime franquista interpretada pola exitosa compañía Os Cancán.
Inspirada nos clásicos contos de bruxas e no folclore, esta produción da compañía Katua&Galea Teatro achégache a un mundo misterioso e cheo de perigos, no que tres valentes irmáns desatenden as advertencias da súa nai e penétranse nun bosque escuro onde descobren unha casa na que vive unha bruxa. Alí os tres protagonistas terán que enfrontarse aos seus medos para poder escapar
Frágua de amor, do dramaturgo portugués Gil Vicente, está coproducida polo Centro Dramático Galego xunto a seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de Coímbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro García de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João.
O novo show de ROBERTO VILAR para volver a xirar polos teatros galegos chega despois do éxito conseguido con CELEBREIXON.