Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ismael Lemais y La Kiskillosa "Cómo conocí a mi suegra"

Todos vivimos multitude de situacións en casa coa nosa parella que se fan rutineiras e deixamos de prestarlle atención ata que alguén o presenta dunha forma cómica e dános a risa ao vernos reflectidos nelas. Niso Isma e Isa son os reis, niso baséase 'Cómo conocí a mi suegra'. Unha sucesión de monólogos cotiáns onde realizan unha divertida parodia centrándose na súa relación de parella e en situacións do día a día analizadas desde o punto de vista humorístico.

Galego

Encrucillados

“ENCRUCILLADOS”
Por Teatro da Apocalipse
Nunha noite de treboada, unha rapaza entra as agachadas no despacho dun profesor da universidade. El a descobre e, tras escoitar as estrañas explicacións da moza, decide instruíla no descifrado dos encrucillados crípticos polos que el é coñecido. A situación complicarase porque ámbolos dous ocultan as súas verdadeiras intencións.
Data: Sábado 9 marzo 2024.
Xénero: Comedia Negra.
Lugar: Centro Goianés. Av Ordoñez, 54. Goián (Tomiño).
Hora: 20:00h.
Prezo: Entrada de balde.
Duración: 50 minutos.

Galego

Mujeres: La Dramedia

La Forte (@soylaforte), Irene Junquera (@irenejunquera) e Amagoia Eizaguirre (@habituatea) convídanche a esta exclusiva festa de amigas. Non hai dress code, nin flotadores de unicornios. Tampouco hai almorzos instagrameables, nin rutinas de skin care carísimas. Durante 90 minutos, rajaremos sobre o amor, sobre ser (ou non...) unha Superwoman, sobre o (fuckin) prezo dos aguacates, sobre reinventarse, a autoestima, a culpa e moitas cousas máis. Á fin e ao cabo... non somos Rosalía, Nathy Peluso e Karol G... ou si?

Galego

Dumbo, el musical

Un divertido espectáculo para toda a familia cunha gran posta en escena e voces en directo que non só fala da inclusión senón que toca temas como o acoso que sofren os que son diferentes. Un musical con alma que mostra que todos os individuos teñen algo que dicir, a pesar do tamaño das súas orellas.
Cremos que non existe un personaxe mellor que Dumbo para falar sobre o bullying. O equipo de CANDILEJA [Teatro para Nenos e Mozos] ten o obxectivo de axudar a terminar con estas prácticas a través desta proposta cultural, social e educativa que poderán gozar tanto nenos como maiores.

Galego

Ansia viva

Oswaldo Digón mestura o seu estilo de cómico de stand-Up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, creando unha experiencia diferente en cada data. Neste espectáculo estará acompañado de Luís Tinaquero, guitarrista de renome e que poñerá música en directo ao show. Ansia viva é un texto que fala con humor e liberdade da ansiedade, algo que todas e todos padecemos. Un formato de comedia novo para afrontar esta incerteza e preocupación.

Galego

O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada

Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

Galego

Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven  con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Galego

Moncho Borrajo 50+1

Moncho Borrajo presenta "50 1" Un show con algúns dos mellores e máis coñecidos textos do artista galego sen política, e improvisacións e pensamentos acerca dos tempos que estamos a vivir. Todo desde o punto de vista humorístico deste gran artista que cumpre este ano, 50+1 anos encima das táboas.

Galego

Falemos como galegas

Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro