Tú y yo
Deseñado especialmente para a primeira infancia, este espectáculo ábrese a un mundo de posibilidades para bebés, nenos, nenas (de 6 meses en diante) e familias.
Baixo a lema «Un espectáculo concibido para un público diverso», buscamos crear un espazo onde as persoas poidan vivir unha experiencia única, aprendendo de maneira sinxela a aceptar, apreciar e respectar aos demais. Este delicado mundo de sensacións revélanos a imperante necesidade que todos temos de ser recoñecidos, así como de recoñecer aos demais.

