Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O tranvía Leonardo

Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademáis cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas ata a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro. Ademáis das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o “loro Ravachol”.

Galego

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquesta de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu tríciclo. No encontro co público cóntalle a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido engarzando as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se foi topando polo camiño. Para a narración apoiarase en diferentes técnicas do teatro de rúa: a música, os títeres, os romances de cego, o limberjack e o Kamishibai.

Galego

O Galo Quirico e os seus amigos

 Xunto con algúns números de marionetas tradicionais no que os espectadores participan cantando e danzando, preséntanse o conto O Galo Quirico seguindo a versión publicada por Bernardino Graña. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.

Galego

#2Pilgrims

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas.

Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

Galego

As minas do rei Salomón

Esta peza de Teatro Ghazafelhos parodia as películas de aventuras en África producidas en Hollywood na década dos 50. Quatermain, un cazador contratado por un magnate estadounidense debe atopar as lendarias minas do rei Salomón e para iso emprende unha viaxe na que non faltarán os avións de hélices, as loitas con feras e o encontro co mismísimo Tarzán. Unha divertida proposta chea de sorpresas que convida ao público a reflexionar sobre a preservación do medio e a vida.

Galego

Procura-se Pepa a Loba

PROCURA-SE PEPA A LOBA, POR TERRA E MAR

Ano 1890. Inauguración da taberna de Pepa a Loba. A súa gavela ó completo: Xan Quinto "o vello", Maninocente e Calamity Jane celebran este día tan esperado, mais... un cobizado tesouro se agocha moi perto e so ela sabe o segredo. Precisa da túa colaboración...ATRÉVESTE?

 

Trátase dun contacontos interactivo onde a danza e a música se funden coa natura, poñendo en valor a a amizade e a perspectiva de xénero.

Galego

Chafallas, a vendedora de fume

CHAFALLAS vai de pobo en pobo buscándose a vida, conta historias e entretén a xente en troco de comida ou algo de diñeiro. Sabe facer de todo, ás veces sáelle ben, outras... non tan ben, pero o que si fai é poñerlle moi boa intención. É nómade, vai coa súa casiña ás costas e coma un caracol, leva historias enroscadas. Entende o idioma dos animais, é unha sabia da natureza e sen sabelo, a primeira muller narradora que vive do seu oficio. As noites sen teito non son fáciles; e pra pasalas, enreda coas palabras e a música ata durmir paseniño e que o fermoso son da alborada a desperte.

Galego

Kinetiko

Visitas guiadas teatralizadas de nove pezas automátas artesás.

O público achégase o mundo dos automatismos, desfrutando da escena e historia que os seus creadores narran ao carón de cada elemento da serie que conforma KINETIKO.

Unha combinación de xogo, arte e técnica.

Personaxes musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos Historias e contos que nacen do movemento dunha manivela Efectos especiais utilizados tradicionalmente na escena teatral ou no cine Un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro