Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Leo e a música

Leo é o león máis curioso de toda a selva, por iso, un día decidiu ir a dar un paseo polo bosque.
Camiñando atopouse cunha bolbotera, un paxaro carpinteiro e ata con ras! Cada folla, cada poza e cada animal fai un son diferente.
Será capaz Leo, coa vosa axuda, de descubrir toda a música que hai ao noso redor?

Galego

O mundo ao revés

Jaime era un neno de oito anos que devecía por facer deporte. Encantáballe o fútbol. Era o mellor xogador de todo o cole, ata que tivo que mudarse a Revelandia coa súa familia. Neste novo país descubriu que falaban un idioma extraño, tiñan unhas normas extrañas, e unha forma de xogar ao fútbol moi extraña. En Revelandia todas as
deportistas famosas eran rapazas. Rapazas! Jaime non sabía que facer, era o único rapaz anotado en fútbol. Axudádesnos a descubrir Revelandia?
Acompañádenos nesta aventura!

Galego

Coser e contar

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla.

Galego

Conto Contigo

Espectáculo de contacontos, con monicreques, maxia, animación  e sorpresas.

Enfocado no mundo dos  libros, a súa maxia.

É unha proposta moi divertida, participativa, amena, participativa e educativa.

Galego

Vaites, rapariga!

Están as noveliñas de vaqueiros. Eses clásicos libros finiños da colección ESTEFANÍA. Están os westerns do cine, que chegaron a nós excelentemente dobrados ao galego. E por suposto, están os westerns modernos. Todos teñen elementos comúns: hai certa violencia, a paisaxe ten un papel fundamental, as vilas son pequenas, o epicentro é a taberna, despútanse o poder, o orgullo e o territorio, as bandas sonoras son épicas, protagonízanos personaxes rurais que andan co gando e moitas veces ten peso o humor negro. Ademais todos acontecen no oeste. No lonxano oeste.

Galego

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Galego

Quéroche un conto

Sempre fin de mal comer e peor durmir o cal foi a excusa perfecta de pequena para ergerme en metade da noite e achegarme á cociña onde o meu pai almorzaba sopas acompañado pola miña avoa o volver do mar. Así que pedía unha cunca , sentaba á mesa e escoitaba. Isto vai de moitas das cousas que ouvín, outras que descubrín e algunhas que mesmo vivín en directo. 

“Quéroche un conto” era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña o seu aquel, a cuestión era explicalo. Soía dicila xusto antes de arrancarse a contar como eran as cousas desde os seus tempos.

Galego

Contos a pe de rúa

De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo misturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro