Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Peque disco Moc Moc

Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC!!!

Con este espectáculo no que mesturamos música, circo e clown convertiremos nunha auténtica disco móbil circense infantil e familiar todo espazo ó que levemos este espectáculo.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡YES BABY!

Galego

Concerto punkInfantil

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemía de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Galego

Vicki e a felicidade

Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos cuidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

Galego

Fazulas e o ladrón de paraugas

"Fazulas e o ladrón de paraugas" é o especta´culo baseado no exitoso libro "O ladr´pn de paraugas", de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia), que xa vai pola terceira edición tras un ano desde a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa manóa por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fanta´stica aventura, collido da empuñadura dun paraugas.

Galego

Vida e milagres do zume de laranxa

Un monólogo caracterizado pola retranca galega posta na pel dun personaxe ó que lle pasan un cento de cousas, analiza a realidade actual e, como non, fala das relacións de parella.

Este monólogo de Tito Rober trata sobre as súas vivencias como rapaz Ourensán dende a súa infancia ata a actualidade e a influencia do zume en tódalas etapas transcendentais na vida dun home, contando sempre co apoio dunha nai incondicional preocupada polas vitaminas.

Galego

Coa palabra na boca

A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontrarnos á vida e á morte. Historias de disidencias cheas de heroínas que non existen nos libros e heroes sen nome. Historias de vida que beirean a morte e de mortos que volven a este mundo.

Galego

Enredadas

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Galego

Tres mulleres na escuridade

Celebramos o Día das Letras Galegas co espectáculo “Tres mulleres na escuridade” da man do Soledad Felloza e Irina Gruia. Tres mulleres pensan, senten, crean e recrean, interactúan, enlazan as súas vidas. Dende a súa obra, Luísa Villalta, do seu violín Irina Gruia, dende o escenario a voz de Sole Felloza. A escuridade énchese de palabras e melodías, nunha viaxe ao universo lúcido e comprometido dunha creadora singular, cada verso, texto, melodía é un paso, un xogo que deixa atrás as sombras.

Galego

Friends: The Musical Parody

Saga Producciones, en coprodución con Theatre Mogul e Iria Producciones, adapta por primeira vez en España a parodia musical que xa conquistou corazóns nas súas producións en Off Broadway, Reino Unido e Australia.
Unha celebración de Friends, dos seus personaxes emblemáticos e dos momentos máis incribles das 10 tempadas da serie.
Un espectáculo divertido e entrañable do que os fans namorarán e cativarán a todos os amantes do teatro.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro