Eu, Fraude! | Paula Pier
Eu, Fraude! é un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de berrarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola ventaíña da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis medorentas sombras. Hoxe estamos aquí para facerlle un cuanto á vida. Cancións e textos de composición propia que nos impulsan, en forma de viaxe emocional, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demais.

