Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Asdomare

Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. ASDOMARE son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Galego

A libraría máxica

Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso, ofreceranlle o libro perfecto, xa que teñen a capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia. Unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. 

Galego

Pequeño cabaret infantil

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Galego

Contos para facer o indio

Soni Quete irrompe no auditorio sobre o seu monociclo salvaxe ata que desaparece e escoitase un estrondo debido o trompazo que leva. Isto fai saír a india L.A.S.I. (Lúa Anterior o Solsticio de Inverno) do seu tipi que o descubrir a público interfire con el interpretando uns cánticos guerreiros. Soni reaparece entre o público disparando ante tal ameaza, cunha orixinal escopeta (unha chapata de … PAN, PAN … PAAAAAAN).

Galego

Que anos aqueles…(Xan Veiga)

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou non.

Galego

De Vilatriste a Vilalegre

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG.

Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.

Galego

Diógenes

“Diógenes” describe unha intensa viaxe cara ó nebuloso abismo da psique. Un singular proceso expiativo tras unha extraordinaria vivencia que confronta o ego, obrigando a unha análise das propias paixóns dende un lugar de contemplación.

 O despertar da conciencia a través da consciencia evoca a eterna disputa respecto ó vínculo existencial entre virtude e felicidade, e exixe levar á práctica todo o coñecemento atesourado e máis aquela sabedoría innata que busca constantemente a ledicia do ser.

Galego

O comezo do mundo

Monólogo creado a partir das historias recollidas durante a elaboración do material gráfico da Exposición Ao Pé do Lar.

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. Dende ésta premisa Sole Felloza percorre o país, escoitando as mulleres.

As voces desas mulleres suben ao escenario para contar de tempos sin tempo.

Así falan as señoras Lola, Juana, Emérita, Palmira, Otilia, Erundina e tantas outras ao carón da lareira, ao redor da cociña de ferro. Nese altar da memoria que empeza nas súas mans e medra nos seus ollos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro