Molto Barroco
Píscore Teatro ofrece a posibilidade de disfrutar, desde o teatro, da música da época barroca, nunproxecto teatral que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de disfrutar, desde o teatro, da música da época barroca, nunproxecto teatral que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.
Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.
Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflicto pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras.
Un grupo de simpáticos animais “cabezudos” formada por un porco, unha vaca e un burro e acompañados de dous músicos, representan en directo diferentes escenas dramáticas, cómicas e coreográficas nun percorrido de rúa.
O espectáculo do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O teatro, a música e a manipulación danse a man neste espectáculo de rúa no que a participación do público é fundamental e está garantida.
Espectáculo que inclúe manipulación de obxectos e participación do público.
Divídese en tres historias baseadas en feitos reais, protagonizadas por animais: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga mais vella do mundo.
Leo é o león máis curioso de toda a selva, por iso, un día decidiu ir a dar un paseo polo bosque.
Camiñando atopouse cunha bolbotera, un paxaro carpinteiro e ata con ras! Cada folla, cada poza e cada animal fai un son diferente.
Será capaz Leo, coa vosa axuda, de descubrir toda a música que hai ao noso redor?
Jaime era un neno de oito anos que devecía por facer deporte. Encantáballe o fútbol. Era o mellor xogador de todo o cole, ata que tivo que mudarse a Revelandia coa súa familia. Neste novo país descubriu que falaban un idioma extraño, tiñan unhas normas extrañas, e unha forma de xogar ao fútbol moi extraña. En Revelandia todas as
deportistas famosas eran rapazas. Rapazas! Jaime non sabía que facer, era o único rapaz anotado en fútbol. Axudádesnos a descubrir Revelandia?
Acompañádenos nesta aventura!
Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla.
Espectáculo de contacontos. con máxia, monicreques diversión e moito mási.
Onde os libros as histoiras e os animais, ¡e que animais! son protagonistas