Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Run Baby Run

Escrita por Fátima Delgado e dirixida por Jana Pacheco, “Run baby run” está inspirada nos casos dalgunhas atletas que sufriron discriminación de xénero dentro do deporte por ter unhas condicións biolóxicas diferentes para o estándar feminino. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar por cumprir o teu soño estando en xogo o traizoar os teus propios principios e renunciar ao teu verdadeiro ser.

Galego

Non é unha canción

David e María, vestidas para ir de vacacións, preséntanos o espectáculo que imos ver.
Non é unha canción, pero é algo parecido.
Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que.
Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido.
Algo raro lle sucede ao espazo, ou está o espazo a facer algo raro con David e María?
Non é un espectáculo, pero é algo parecido.

 

Grazas de antemán, quedamos dispoñibles para o que poda xurdir.

Galego

Eu, Fraude!

"Eu, Fraude" é o lugar de encontro entre a poesía, a canción e o escénico que nos impulsa, en forma de viaxe emocional e con visión positiva e esperanzadora, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demáis.

É, claramente, unha historia de amor propio.

Cancións, poemas e textos de composición orixinal conforman un espectáculo co que presentarse con frescura e singularidade dentro do sistema teatral galego.

Galego

Ducan de palleiro

  Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio, a de Palleiro.

  Este can é Duncan de Palleiro o príncipe das corredoiras.

  Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sinte moi fachendoso.

Galego

El busclown

Espectáculo que recrea El Buscón de Francisco de Quevedo, obra na que se narran as aventuras e desventuras deste personaxe chamado Pablos e as súas viaxes por España en busca do ascenso na escala social e fortuna, mostrado como triunfador nalgunhas ocasións, pero sempre perdedor. 

Na nosa proposta achegamos os códigos e o traballo escénico que nos caracteriza; teatro gestual, circo, clown, comedia da arte e música en directo. 

Galego

Contos na lareira

"Contos na lareira"

Galicia é terra de tradicións...Tradicións como a matanza do porco, o magosto, a queimada...

Moitas destas tradicións teñen como nexo común a tradición oral.

Dende os tempos máis remotos os pobos utilizaban a palabra para transmitir a súa historia, as súas tradicións, os seus mitos, contos e lendas.

Galicia, como terra posuidora dunha idiosincrasia diferenciada, ten a tradición oral como un dos alicerces que compoñen o edifício da súa historia.

Galego

Protocolo del Quebranto

Crezk, de orixe e bandeira descoñecida, persegue os territorios nos que sucede a guerra. Porta un armatoste itinerante ao que chama Osel, onde vive e esconde pólvora e pequena munición coa que trapichea, sen importarlle quen é amigo e quen inimigo; na súa visión operativa do mundo todos son clientes. Vive atrincheirada con el Nadia, unha muller estraña, case monstruosa. A súa relación roza calquera síndrome coñecida; son o seu cárcere e a súa fuxida. Necesítanse e repélense, como animais bicéfalos.

Galego

4x 4

Ron Lalá revive os mellores números dos seus inicios nesta selección de catro pezas de cada un dos catro primeiros espectáculos profesionais.

En total, doce escenas independentes que revelan a evolución do talento literario, musical e escénico da compañía. Unha festa de humor cítrico e crítico, cancións en directo, poesía... e moitas, moitas gargalladas.

Galego

... É meu amigo

Con calma, tempo e moito probar e desbotar, xurde este novo espectáculo de escoita cas orellas e cas mans, que nos fala sobre a fraxilidade humana, pero tamén sobre a sua maior fortaleza…a amizade.

Martiño é un rapaz introvertido nun mundo demasiado exposto. Pero aínda que lle abonde un recunchiño de parque para xogar, no seu maxín collen mil mundos, mil aventuras, mil personaxes... Só quen teña o don da curiosidade e a ferramenta da empatía poderá adentrarse con el nunha aventura que case sen darse conta remate no máis alto do Everest.

Galego

As Bruxas de Salem

Foco A voltas cos Clásicos
"As bruxas de Salem foron un acto de desesperación". Palabras do dramaturgo Arthur Miller sobre a xénese desta obra, baseada en feitos históricos. En 1692, na pequena comunidade americana de Salem, mulleres e homes son perseguidos e xulgados por bruxaría. Os rumores e as mentiras fan estragos e ninguén parece estar a salvo de acusacións ou vinganzas.
De Arthur Miller

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro