Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Galder Varas

Pode vostede agardar un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén pode agardar moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que vira a Galder Varas en redes.
E pode agardar, por último, a sincera intención de facerlle rir a gargalladas. Pero o que non pode esperar é un show. Iso xa o temos avisado. 

Galego

Esfínter 4

Un ano máis chega este maridaxe tan especial de Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor, tan distintos e ao mesmo tempo tan compatibles, como o melón con xamón, a pizza con piña ou a nocilla con chourizo…..sempre atoparás xente que che fale disto con paixón.
 

Galego

Flores de ferro

Da novela de María Rei Vilas
Unha obra de MELANDRAINAS ESCOLA de TEATRO
Guión adaptado Queta Soto
Dirixido por Marga Fernández
Reparto: Saleta Varela, Antía Fernández, María García, Ofelia Rodríguez, Yvonne Rothembüler, Sonia Fernández, Azucena Souto, Adara Imbretch, Iria Díaz, Sara Rodríguez, Noa Vela, Dario Rodríguez, Nacho Varela, Nacho Caeiro, Óscar Varela, Darío Rodríguez, Juan del Río, Adrián Golpe, Azucena, Fina, Carmela, Chus, Yvonne, Marisa, Emma, Patricia, Fernando, José, Juan Zas, Nerea, Laura, Marta e María
 

Galego

Os fabulosos CLEANERS

Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra.

Galego

Síbaris

Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Galego

Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións)

As catro estacións de Vivaldi inspiraronnos para crear un espectáculo no que representamos os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran aimportancia da amizade das relacións afectivas e solidarias.

Unha pintora (Maruxa),  unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón) crearan un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastados.

Galego

Crisálida

“Crisálida” é o espectáculo número 25 de Caramuxo teatro, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

“Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia de eses espazos que crean comunidade.

Galego

Ninja

Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles.

Galego

Ragazzo

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, ata tender a roupa nos balcóns... Detencións, identificacións, rexistros, 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro