O péndulo
O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.

O Péndulo é a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co CDG, a MIT Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo.
En Menorca, unha familia de cinco mulleres, guiadas polo vella Mencía (a matriarca da familia), penétranse nunha viaxe en barca a "La Isla del Aire". A desaparición de Helena, a neta maior de Mencía, está moi presente na mente da familia e, durante esta excursión, Mencía obrigará ás súas fillas e netas a enfrontarse á verdade e aos segredos que ocultan.
Historia dunha nena namorada do mar é unha peza de teatro chea de tenrura e comicidade. Dirixida ao público familiar tanto para infancia como persoas adultas, 50 min para rir, cantar e chorar!!! Esta Historia fala dos soños, da vontade de ser e chegar a ser o que a nosa alma expresa, sobre todo para unha nena galega que nace e medra preto do mar, ela quere ser Mariñeira. Fala de empoderamento persoal como muller nunha profesión de homes, de aprender por sí mesma a nadar, a remar, a compartir o que ten, a namorarse coa xente do mar e a xerga do mar.
Lerele é a historia dunha nena que sinte a súa vida transformarse cando ve na televisión a Lola Flores no programa de Fin de Ano de 1982. Os seus desexos e anhelos envoltos pola maxia e o poderío da “faraona” deciden o seu futuro como artista.
Despois, as casualidades e a familia farán que os camiños de ambas se crucen e confundan para atoparse neste espectáculo.
Lerele conta a conexión entre Lola Flores e Galicia, a través de Cesáreo González, o empresario vigués que a levou á fama.
Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ó parque..., a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - por que a min?, por que non podo xogar?
O Deus do Pop é unha impresión. Como a que nos levamos cando coñecemos a unha persoa. ¿Que sabemos dela? ¿Que sabemos dela que ela mesma non sabe? Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado. Precisa crear o relato. E non dubida en cambiar o pasado para superar no presente a vergoña do que non lle gusta de si mesma. Non ten consciencia de que en realidade é un diamante. Un diamante afundido nos Pantanos da Tristura. Brillando e laiándose. Pensando que a súa propia preguiza lle impide sair. Pero non é preguiza. É o relato.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe di unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.
Espectáculo sen palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas, poñendo en valor as diferencias como unha oportunidade para medrar dende o grupo.
OS NÁUFRAGOS TEATRO presenta HUGO, un espectáculo con forte compoñente social, ao que nos ten acostumados a compañía, coa que queren sensibilizar e dar visibilidade ao trastorno do espectro autista (TEA). Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, e tamén aos seus pais e nais, utiliza para isto unha linguaxe universal, a modo de conto. HUGO fala así de empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia, porque ser diferentes fainos grandes.
Travesía unicornio é unha adaptación ao teatro de Pepablo Patinho do texto de María Canosa gañadora da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse, aceptarse e o máis importante, aceptar tamén os desexos dos demais para que se cumpran os propios. Travesía unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero abrindo as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos..