A bailar!
Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.
MÁSCARAS RITUAIS E TAMBORES
Unha animación chea de cores e ritmo. Estas máscaras rituais feitas con globos 100% biodegradables, bailarán
Ao son dos ritmos africanos, creando un ambiente de diversión e felicidade que gustará a pequenos e maiores. Os personaxes irán caracterizados de xeito que a xente sentirase no medio da África máis profunda.
«Os Ourizos, o musical» é unha obra de teatro musical de monicreques (bocones, de pau e de guante) dirixida a un público familiar e infantil.
A obra trata temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xeneros musicais.
Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida.
TRES BAÑISTAS DESPISTADOS , PERCORREN AS RÚAS BUSCANDO ESPAZOS CON AGUA: FONTES, CHARCAS, PILÓNS... DESPLEGARÁN OS ELEMENTOS NECESARIOS PARA PASAR UNHA TARDE DIVERTIDA XUNTO A AUGA.
UNHA ANIMACIÓN DE RÚA EN PEQUENO FORMATO PERO MOI DINÁMICA E DIVERTIDA. OS PERSONAXES INTERACTÚAN CON CALQUEIRA DOS ELEMENTOS DA RÚA E DA XENTE, DE XEITO QUE A IMPROVISACIÓN E A ESTÉTICA CLOWN E O FÍO CONDUCTOR DE ESTE ESPECTÁCULO.
Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnovarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!,
Ao pouco aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!!
Haberá que buscalos!
Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais:
O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón!
En noites de lúa nova, a cidade tórnase escura…, orcos, trolls e alimañas…, seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, nos llevan a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOK
Logo de 200 funcións con Saaabor! chega unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localiidade e ides ter que probalo!
Espectáculo onde se combina a narración oral, a música e o teatro co obxectivo principal de animar os rapaces e rapazas e as familias en xeral a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Ademais, trátanse temas como as emocións; as relacións familiares; o compañeirismo; o consumismo; a importancia da imaxinación etc.
“Cantaxoga” é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo” acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.
Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…
Está en crise a comedia? Miña, nai, esperemos que non! É moi necesaria para soportar o “mundo real”. E ademáis, son moitos os que viven por e para a risa. Pero si que é certo que hai unha certa tendencia nos últimos tempos a meterse con ela, a censurala, a criticala… Está, por exemplo, o famoso tema dos límites, aquel “con que se pode facer humor e con que non”. Debates internacionais, hai con isto. Pero temos máis. Dun tempo para aquí escóitase moito a frase “todos fan máis ou menos o mesmo, falan do mesmo e usan os mesmos chistes”. Respectable opinión tamén.