Último verán en Santa Cristina
As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.
As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.
Tres personaxes homínidos distintos refúxianse da ameaza dos lobos xunto aos restos óseos dun mamut. E na súa loita pola supervivencia deciden entenderse, cooperar e crear xuntos a pesar das súas diferenzas. O mamut e os seus ósos convértense en utensilio e ferramenta para a creatividade. Desta maneira, o descubrimento da ficción convértese no achado máis poderoso porque abre a porta a outras realidades e posibilidades. Así, cada invención ou novo descubrimento é como un nó novo co que se vai atando a nosa existencia.
Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.
No escenario un actor, unha actriz e un músico, de idades parecidas, constrúen dous personaxes dos que entran e saen permanentemente: unha parella que se acaba de separar despois dunha longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ao outro.
TOP MANTA (version pequeno formato), cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un “coctel explosivo” que nos fará estoupar coa risa.
Divertidas imaxes de transición, intercalados ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo.
As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver.
A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século.
Os pais de Pedro, incapaces de conseguir que o avó Isolino vaia vivir con eles para a cidade, envíanlle nas vacacións ao neto para que coide un pouco del. Para Pedro saír da cidade e ir pasar uns días co seu avó, que vive en Montefurado nun vagón ao pé da vía; significará unha grande aventura. Pero, descoñecedor dos codigos da aldea, meterase en problemas co lobo ao que finalmente, con valor, astucia e a axuda involuntaria dun gato, conseguirá cazar.
Os divertidos espíritos de Samaín
Espectáculo de animación
Dúas personaxes farán unha terrorífica sesión de sorrisos onde os nenos e nenas bailar coma tolos e xogar a ser auténticos monstros. Un espectáculo de movemento ambientado nas historias da noite do Samaín
XOGOS MUSICAIS
GLOBOS
XOGOS INTERACTIVOS
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.
E entre todas elas está a nosa, a galega. Con 'A parábola do angazo' queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Iphixenia na porta do súper é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo, a súa adaptación ó español consagrou á actriz María Hervás conseguindo o premio Max á Mejor Actriz Protagonista, Mejor Espectáculo Revelación e Mejor Versión Teatral.