Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ninja

Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles.

Galego

Ragazzo

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, ata tender a roupa nos balcóns... Detencións, identificacións, rexistros, 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse...

Galego

O auto do Castromil

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Galego

Soños

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. 

Galego

O refuxiado

Un político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do político, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral. Unha balsa ou unha soga.

Galego

Hamelin

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.

Galego

Os nenos da varíola

30 de Novembro de 1803: "A Real Expedición Filantrópica da Vacina" parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Galego

Rara avis

Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase unhas ás invisibles adheridas ás suas costas que, ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”. 

É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse  un futuro esperanzador.
Ela, coma ninguén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo. “RARA AVIS” fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

Galego

Ándale! Bon appétit!

Ándale! Bon appétit!” é a reposición da exitosa obra de Teatro Ghazafelhos 'Bon Appétit'. Nesta ocasión, os nosos queridos chefs Felipe, Antonio e Francisco amosarán a deliciosa comida mexicana facendo un pequeno repaso da historia deste marabilloso país. Tamales, enchiladas, tacos... todas, receitas enderezadas co inconfundible humor de Teatro Ghazafelhos e onde aparecerán personaxes como Pancho Villa, Frida Kahlo, os mariachis... e, como non, a participación do publico. Ándale pues!

Galego

Alma de tigre

Alma de Tigre é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e os conflictos familiares dan corpo á nova creación orixinal de Elefante Elegante.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.

Á morte da nai, as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalas marchar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro