Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Parasimpáticas

Dúas neuronas organizan unha Xunta Extraordinaria Neuronal para analizar o estado da materia gris galaica e estimular novas conexións galaico-simpáticas.
Cada punto da orde do día levará ás neuronas asistentes a percorrer lugares comúns do consciente colectivo, no que a versión galega sempre é moito mellor.
Porque ser galego é un estado mental.
Neste novo espectáculo, Lucía Veiga e Marita Martínez exploran as realidades do galego valéndose do humor e de técnicas de improvisación.

Galego

Bernarda

Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Galego

Go on!

Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

"GO ON!" recopila esta experiencia límite que deixa aos do "Al filo de lo imposible" como simples boyscouts.

"GO ON!" é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

Galego

A detective da Torre de Hércules

Elba é unha nena detective. Vese obrigada a viaxar no tempo para evitar que destrúan a Torre de Hércules. Unha historia divertida e dinámica onde os nenos gozarán axudando a Elba na súa investigación, ao mesmo tempo que aprenderán datos curiosos sobre a Torre de Hércules. Ademais coñecerán da man dalgún dos personaxes a lenda de Hércules e Xerión

Galego

As andanzas de Elías

Elías ten medo de todo. Vive con tanto medo... que o seu medo convértese nunha pantasma chamada Asustón. Para afrontar os seus medos e desfacerse de Asustón, debe emprender unha viaxe por todo o mundo para abrir a súa mente e deixar de ter medo Cancións, bailes, poemas, xogos, maxia, sorpresas... Quen dixo que afrontar os teus medos non fose divertido?

Galego

Molto Barroco

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de disfrutar, desde o teatro, da música da época barroca, nunproxecto teatral que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.

Galego

Concerto Con Fusión

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Galego

Varietes do animalario

Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflicto pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras.

Galego

Transhumancia sonora

Un grupo de simpáticos animais “cabezudos” formada por un porco, unha vaca e un burro e acompañados de dous músicos, representan en directo diferentes escenas dramáticas, cómicas e coreográficas nun percorrido de rúa.

Galego

Os xogos do Paporrubio

O espectáculo do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O teatro, a música e a manipulación danse a man neste espectáculo de rúa no que a participación do público é fundamental e está garantida.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro