Manólogo
Espectáculo de humor e crítica social de Irantzu Varela

Espectáculo de humor e crítica social de Irantzu Varela
O grande incendio é unha fábula sobre dúas vilas situadas no val xunto a un regato e separadas por unha ponte. Por un lado do regato medran as vides e polo outro pacen bois, vacas, cabalos e ovellas.
De súpeto suceden diferentes acontecementos naturais que afectean só a un deses pobos, mentres que o outro entra un periodo de prosperidade económica . Mesturase o real coa fantasía. Apálpase a desigualdade entre ricos e pobres.
Montaxe de teatro de papel pop up e marionetas, tamén de papel, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros seres moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.
"Extra terrestre" é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.
Duración: 45 minutos
A partir de 4 anos.
Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.
Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.
O tempo da ficción dramática sitúase no intre do último alento de O Xestal, falecido á idade temperá de 59 anos. Non lusco e sombrío entre a vida a matar.
Ela e él vólvense atopar despois dalgún tempo. Ao longo da noite, farán repaso da súa relación: dos soños e dos medos que a truncaron, dos éxitos e dos fracasos que compartiron, das cidades na que a imaxinaron.
Montaxe de teatro de papel pop up e marionetas, tamén de papel, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.
"Extra terrestre" é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.
Salón de actos
Publico familiar a partir de 4 anos
Duración: 45 minutos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Pensabades que morrera, pero estaba de parranda!
A máis importante superheroína galega é ben poderosa e supera todas as adversidades. Volve aturuxar dende o cumio do Pindo a nosa Nabiza Girl acompañada nesta aventura polo seu fiel escudeiro, Don Galizo, para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra.
Nesta nova odisea as nosas superheroínas pasarán por un feixe de situacións disparatadas nas que Nabiza deberá empregar todas as súas habilidades para sobrevivir e vencer ao inimigo para salvarnos.
Moby Dick é unha proposta de teatro para público familiar a partir de 4 anos. Un espectáculo de Pedras de Cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez.
Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun barco no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.
A figura do derradeiro rey Plantagenet, Ricardo III de Inglaterra é pouco coñecida, do mesmo xeito que acontece con outros moitos monarcas medievais. O coñecemento da existencia deste rei da casa de York entre o público é principalmente debida á utilización que o dramaturgo e poeta William Shakespeare fixo do seu nome para a criación dunha das súas obras mais coñecidas; “The life and death of king Richard III” coñecida tamén como “A traxedia de RicardoIII”.