Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Quéroche un conto

Sempre fin de mal comer e peor durmir o cal foi a excusa perfecta de pequena para ergerme en metade da noite e achegarme á cociña onde o meu pai almorzaba sopas acompañado pola miña avoa o volver do mar. Así que pedía unha cunca , sentaba á mesa e escoitaba. Isto vai de moitas das cousas que ouvín, outras que descubrín e algunhas que mesmo vivín en directo. 

“Quéroche un conto” era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña o seu aquel, a cuestión era explicalo. Soía dicila xusto antes de arrancarse a contar como eran as cousas desde os seus tempos.

Galego

Contos a pe de rúa

De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo misturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.

Galego

Conto para escoitar mentres bailamos en vals

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical?  A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta, ...)

Un espectáculo dan man do “Gran Director de Orquestra”  Caxoto cheo de fantasía e da nosa música 

Galego

Unha noite no muíño

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, ... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

Galego

Contos debuxados, debuxos contados

O ilustrador MAR TAEGER e o contador de contos CAXOTO executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público... Que temos como resultado?

Galego

Planeta LGTBIQ

O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ó mesmo, as familias teñen sempre os mesmos compoñentes, ... Cando un M’burrido ven de expedición intergaláctica ó noso Planeta Terra, observa que aquí nos gusta moito a diversidade, ... e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: Hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, con dous pais, familias monoparentais, ... 

Galego

A historia de Martín

Neste conta contos Falamos da hiperactividade infantil e das formas de ensinanza antiguas, deixando paso as novas formas de aprendizaxe do futuro: o ciberespazo. Tamén falamos da capacidade de cambialo mundo a través dun mesmo e da exaltación dos valores humanos. Todo isto o facemos con dúas     "armas" infalibles: O HUMOR e O TEATRO MUSICAL. Nesta obra facemos que os nenos interactúen con nós ó falar dun contexto, para eles tan familiar como as aulas.

Galego

Onde está o vento?

A Tareixa o que mais lle gusta no mundo e ver xirar os seus muiños de vento pero un día o vento desaparece. Para resolver o misterio e conseguir que os seus muiños volvan a xirar decide emprender unha longa viaxe onde coñecerá e axudará a moitos personaxes vivindo miles de aventuras. Finalmente descobren que a contaminación é a culpable da desaparición do noso querido vento pero aínda estamos a tempo de solucionalo.

Conta contos para bebés que mestura cancións cantadas en directo, monicreques, pompas de xabón e un montón de sorpresas máis. 

Galego

A bailar!

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo,  moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro