Historia de Galicia
Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza.