Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo

Presentación da obra Cadernos Ramón Piñeiro. XXXVI. Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo.

Esta publicación acaba de ver a luz na colección Cadernos Ramón Piñeiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e constitúe a máis destacada investigación sobre o humorismo cervantino escrita en galego; un ensaio que fornece, ademais, valiosas análises a propósito doutras figuras do humorismo galego e universal.  

Galego

Cantigas líricas galegas

Presentación do libro de Antón de Santiago Cantigas líricas galegas, publicado pola editorial Fervenza coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Están presentes o propio autor e o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez. Ademais, o Conservatorio Superior de Música da Coruña participará nesta actividade ofrecendo un recital a cargo de alumnos e profesores do centro de cuxa cátedra de Canto foi responsable Antón de Santiago ata hai un ano. 

Galego

Mazurca para Camilo José Cela

Co gallo do centenario do nacemento de Camilo José Cela, a Cidade da Cultura acolle a presentación do libro homenaxe Mazurca para Camilo José Cela, que reúne 16 traballos sobre a figura e a obra do escritor padronés nos que se recupera a memoria do que foi un dos artífices das mellores páxinas da literatura española de todos os tempos.

Galego

Presentación do 33º número da revista Cuadrante

A Asociación de Amigos de Valle-Inclán, a Secretaría Xeral de Cultura e o Ateneo de Santiago de Compostela presentan no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal, o novo número da revista Cuadrante, que revela diversos aspectos biográficos de Valle-Inclán ata o de agora descoñecidos acerca de episodios como a viaxe que realizou a México en 1921, convidado polo gobernador do Estado.

Máis información, aquí.

 

 

Galego

Nordeste de Daniel Asorey

Daniel Asorey Vidal (Compostela, 1970) presenta a novela Nordeste, coa que resultou gañador da X edición deste premio, promovido conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fundación Repsol.

Estará acompañado pola crítica literaria Chus Nogueira e Francisco Castro da Editorial Galaxia.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación