Calmas de enero
César Antonio Molina é un dos intelectuais do panorama nacional máis importantes das últimas décadas. A súa longa traxectoria levoulle a dirixir o Círculo de Belas Artes, o Instituto Cervantes e a Casa do Lector, ademais do cargo de Ministro de Cultura.
Calmas de enero é o seu último poemario, que se presentará este 21 de marzo no auditorio da Sede Afundación da Coruña. O evento consistirá nun acto poético-musical coa presenza do autor, a poeta Estíbaliz Espinosa e a escritora Elena Galván.

