Presentación do libro O escalón de Ulises
O sábado 5 de maio, ás 19:00 horas, está prevista a presentación do libro O escalón de Ulises. Un paseo pola Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros, da xornalista e escritora Montse Fajardo. O texto párase no paso de Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018, por Pontevedra, cidade na que viviu a maior parte da súa vida.

