O ouro das lúas
A Libraría Couceiro acolle a presentación d' O ouro das lúas, de Beatriz García Turnes. A novela, encadrada na literatura xuvenil, segue a Tide, parte do séquito dunha sacerdotisa nunha peregrinación ata o Templo do sol Nacente.

A Libraría Couceiro acolle a presentación d' O ouro das lúas, de Beatriz García Turnes. A novela, encadrada na literatura xuvenil, segue a Tide, parte do séquito dunha sacerdotisa nunha peregrinación ata o Templo do sol Nacente.
Antía Yáñez presentará en Betanzos a súa novela Senlleiras, coa que levou o premio Illa Nova de Narrativa 2018. A novela parte dunha morte, a da influencer que unha semana antes publicara unha foto cunha man fantasma, para reflexionar sobre a vida das mulleres de varios séculos.
O formato FullDome é un sistema que consiste na proxeción, con deformación xeodésica dentro dunha estructura de domo, que ofrece a sesación de inmersión.
Un dos soños de educadores, creadores e publicistas é xerar ilusións nas que tanto o alumnado como o espectador se mergullen ata tal punto que non sexan capaces de distinguir se o que están vivindo é realidade ou fición. O FullDome consegue este espectacular efecto.
Tres sesións con 25 nenos:
-1ª sesión para infantil de 3 a 7 anos ás 17:30 horas.
A realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias dos aparellos electrónicos son o punto de partida desde o que se constrúe o dicir poético de Pantallas, o novo poemario de Celia Parra.
A poeta presentará o libro na Libraría Sisargas, na Coruña.
A libraría Lila de Lilith acolle a presentación de Palabra de bruxa, a última obra de Andrea Barreira Freije (Fonsagrada, 1986). Xunto á autora estarán a tamén escritora Anna R. Figueirido e Malores Villanueva, da Editorial Galaxia.
Presentación do libro O lapis da luz: reescrituras de Manuel Rivas no cine
No marco do DXXV aniversario do Descubrimento de América e da arribada da carabela Pinta á vila de Baiona en 1493, primeiro lugar de Europa onde se coñeceu a noticia; terá lugar o acto de presentación da Carta de Colón anunciando el Descubrimiento del Nuevo Mundo en Galicia.
En outubro de 1916, o músico con alma de poeta, Federico García Lorca chegou por vez primeira a Galicia canda os seus compañeiros da Universidade de Granada. Unha viaxe de estudos dirixida polo mestre Berrueta da que naceu o seu primeiro libro Impresiones y paisajes. Cen anos despois, a editora Alvarellos recupera o texto de Luis Mariscal, compañeiro de estudos de García Lorca, que nos brinda un testemuño único desta viaxe pola terra de Rosalía.
En 1988 chegaba ás librarías Baleas e baleas, o primeiro e único poemario en galego asinado por Luisa Castro ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois convertido nun libro de culto. Considerado como un dos títulos máis rompedores das últimas décadas do pasado século, o discurso provocador e profético de Baleas e baleas non deixou indiferente nin a crítica nin a persoas lectoras. A editorial Galaxia vén de reeditar esta alfaia das máis importantes renovacións poéticas das últimas promocións.
As entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro interesadas na solicitude de axudas para a dixitalización dos fondos patrimoniais teñen a oportunidade de consultar todas as súas dúbidas ao respecto na xornada informativa que se celebra o venres, 20 de xullo, no auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura. A entrada é aberta e non precisa de inscrición previa.