Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sinaturas arredor de Sentinelas

O sábado 29 de novembro, celebrarase, ás 16:30 h, no stand de Mitolóxicas, unha sinatura con Andrés Castro e Alexandre Senande arredor da serie Sentinelas, dentro da programación do Culturgal.

Ideal para aumentar a colección de banda deseñada en galego e última oportunidade de 2025 para conseguir un exemplar asinado polos seus autores, un agasallo ideal para regalar(che) en Papá Noel, Reis, Apalpador, Olentzero, Grinch, Noitevella, Santos, Cumpreanos, Aniversarios, Despedidas, Xubilacións, Bodas, Comunións... ou o que che preste celebrar.

Galego

Sentinelas no limiar das tebras - Presentación en Pontevedra

Presentación en Pontevedra da banda deseñada "Sentinelas no limiar das tebras", de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande; segunda parte da saga de mitoloxía e aventuras xuvenil (de 9 a 99 anos) iniciada con "Sentinelas da lúa carmesí", obra que iniciou a colección "BD Galaxia" da Editorial Galaxia, que este ano fai o 75 aniversario.

Galego

Presentación do libro "De nais a fillas. Receitas para non esquecer. Gastronomía en feminino", de Hércules de Ediciones

Chus González, presenta o libro De nais a fillas. Receitas para non esquecer. Gastronomía en feminino. Este proxecto recolle receitas e historias transmitidas entre xeracións de mulleres, unha homenaxe á memoria familiar e á cociña tradicional galega.

Participarán tamén:
Isabel Couselo, Directora Territorial de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia
Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño
Ana Cancela, coordinadora do libro
Laura Rodríguez Herrera, editora
E haberá unha intervención musical de Xacobe Medina.

Galego

Sentinelas no limiar das tebras

Presentación de 'Sentinelas no limiar das tebras', de Ozo Perozo, Andrés Castro e Alexandre Senande, a banda deseñada que inaugurou a colección de BD de Editorial Galaxia.
Un cómic de aventuras e fantasía xuvenil que naceu como proxecto audiovisual para conseguir un referente da mitoloxía galega, na cal se inspira nesta sorte de "Stanger Things á galega".

Galego

Sentinelas no limiar das tebras, no Viñetas desde o Atlántico

Presentación de "Sentinelas no limiar das tebras", de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande, segunda parte da triloxía de fantasía xuvenil inspirada na mitoloxía galega "Sentinelas da Lúa Carmesí", ambas as dúas publicadas por Editorial Galaxia.

Acompañando os tres autores estará Pepe Coira, produtor e guionista de cinema e televisión.

Ao remate da presentación haberá sinaturas ata as 14 h. na caseta da libraría Kómic.

Galego

Sinaturas da saga "Sentinelas", con Andrés Castro e Alexandre Senande

O venres 1 de agosto, a partir das 18h. na caseta que Alita Cómics ten reservada na "Feira do Libro da Coruña" (nos Xardíns de Méndez Núñez), Alexandre Senande e Andrés Castro firman os cómics "Sentinelas da Lúa Carmesí" e "Sentinelas no limiar das tebras", primeira e segunda parte da saga de fantasía, mitoloxía e aventuras xuvenil debuxada por Senande e guionizada por Andrés Castro e Ozo Perozo, obra que iniciou a colección BD Banda da Editorial Galaxia.

Galego

"ARTE NO CAMIÑO"

La carpeta "ARTE NO CAMIÑO" esta realizada por los artistas plasticos gallegos, Manolo Ebra y Chema Dapena, ambos con una reconocida trayectoria artisrica con numerosas exposiciones tanto en España como en el extrajero, dicha Carpeta se compone de dos acuarelas originales por autor, con temas como "as Fontes do Camiño" en el caso de Manolo Ebra y "Trovadores e Musicos do Camiño" en el de Chema Dapena.

Galego

Presentación en Muros de "Sentinelas no limiar das tebras"

Dentro do "Mes das Letras", organizado polo Concello de Muros, o venres 16 de maio celebrarase unha presentación moi especial da banda deseñada "Sentinelas no limiar das tebras" na Antiga Fábrica de Sel da man de Alexandre Senande, un dos autores deste cómic de fantasía, misterio e mitoloxía galega (que xa vai pola segunda parte) onde dous mundos, o real e o fantástico, se entrelazan para ofrecer unha aventura épica. Unha lectura imprescindible para quen goza dos mundos de fantasía e da nosa tradición oral.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación