Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Peza do mes: Cerámicas cincentas finas pulidas. Campamento Aquae Querquennae

A presentación pública terá lugar o mércores 8 de outubro ás 20:00 h, na sala de Exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Galego

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o cuarto trimestre de 2025, de outubro a decembro.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Queridos obxectos: nostalxia e sedución" e "Iconografía do Nadal".

As actividades cíclicas, que desta banda corresponden coas celebracións e rituais máis importantes desta época: "Samaín: chegan as almiñas" e "Nadal: tempas e bispiños".

Galego

A lei do mar

Dentro da súa actividade de difusión cultural e de traballo coa comunidade, o Museo Massó acolle a presentación ao público dunha publicación. Neste caso trátase de "A lei do mar", de Manuel Esteban, que narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén das augas territoriais.

O autor estará acompañado polo escritor Pedro Feijoo e a responsable de comunicación da editorial Xerais, Sara Vila.

Galego

Epigrafía romana de Galicia II

O Museo é o anfitrión da presentación da obra "Epigrafía romana de Galicia II. Provincia de Ourense", formado por tres tomos e editado pola Fundación L. Monteagudo.

No acto estarán presentes Alfredo Erias Martínez (presidente da Fundación L. Monteagudo), Juan Manuel Abascal Palazón (catedrático de Historia Antiga, Universidad de Alicante), Hugo Pires (CEAU-FAUP da Universidade do Porto) e o director do Museo Arqueolóxico de Ourense, César Llana.

A presentación terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Galego

Presentación do libro: Balas de papel

Este venres contaremos coa autora do libro "Balas de papel" Marta Seoane Pazos que presentaranos a súa primeira novela na súa versión en galego. 

Marta Seoane Pazos

Carballesa (A Coruña), 1979. Traballo como Técnico de Laboratorio no Hospital Teresa Herrera de A Coruña, ainda que dende fai anos (en plena pandemia COVID) comecei a formarme na miña gran paixón, a escritura.

Galego

Peza do mes: Amuleto fálico. Campamento Aquae Querquennae

A presentación pública terá lugar o 10 de setembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Galego

Presentación do libro "A agonía das folerpas"

A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada.

A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas…

Esta actividade é especialmente emocionante por poder contar co autor dunha novela ambientada nun lugar dun dos concellos polos que viaxa a nosa Furgoteca.

Ao remate da presentación, realizaremos unha visita á aldea medoambiental de Salgueiro.

Galego

Presentación do libro infantil "Rubi Pérez: el niño que más sabía de barcos del mundo"

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro infantil “Rubi Pérez: el niño que más sabía de barcos del mundo” de Conchi Blanco Llano. A presentación contará cunha sesión de narración oral do mesmo conto a cargo da autora.

No salón de actos. Para todos os públicos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O nobelo de Nenuca

Cando os recordos da avoa comezan a enmarañarse, o seu neto decide tirar dun fío.

Neste conto están tecidos os versiños que van levar a Nenuca á súa nenez, ou van traerlle lembranzas, evocadas polos sentidos.

Aínda que, de todos os fíos que a fan recordar, os máis importantes son a comprensión e o cariño.

Data e hora: venres 12 de setembro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, xuvenil e adulto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación