Cedemos o espazo á Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer. Isabel Gey, a súa presidenta, entrega no noso salón de Actos o III Premio de Literatura Infantil “Simbad para o Recordo e o Alzhéimer”.
O galardón recaeu nesta edición sobre O nobelo de Nenuca, de Irene Alonso Gasalla e a ilustradora Ángela María Curro Sayáns. Celia Díaz Núñez recibirá un premio accésit pola súa obra A avoa canta como a cotovía.
Durante o acto, tamén se presentará o libro da Editorial Galaxia Sucos, de Ignacio Vidal, gañador en 2023 do Premio Simbad.