Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conversas Arredor: Cruz(eiro) e Para que non me esqueza

Cruz(eiro) é un poemario e Para que non me esqueza poemario gañador da XXV edición do Premio de Poesía Avelina Valladares. Marcado pola sólida construción do poemario, estruturase en tres partes vencelladas por un mesmo fío e un rico emprego de recursos poéticos, bo estilo lírico e a súa estrutura. Cada poema vai precedido por un diálogo imaxinario con recoñecidos poetas dos dous sexos. Artellado desde o punto de vista dunha muller, a obra toca un amplo abano temático, cun rico emprego de recursos poéticos.

Galego

O Ribeiro e a lenda do viño

O venres 30 de xuño ás 8 da tarde, preséntase o libro O Ribeiro e a lenda do viño de Miguel Mosquera Paans no Museo Etnolóxico.

A obra recolle unha escolma de lendas da zona xeográfica da Denominación de Orixe do Ribeiro e algunha zona da comarca, que reflicte a diversidade etnográfica deste territorio de produción vinícola milenaria.

No patio do Museo Etnolóxico

Ás 20:00 horas.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Galego

Xeración

Desencantada crónica dos anos de xuventude e retrato mordaz das doenzas da realidade social e cultural deste tempo, Xeración (breve tratado de males inespecíficos) é un repertorio de desafeccións, de recontos necesarios, de paixóns e militancias fenecidas. Unha proposta inconformitas, alicerzada na liberdade creadora, que conxuga as imaxes irracionais e o ton elexíaco coa incesante presenza da ironía e do apuntamento satírico.

Galego

Inauguración da Torre

A Praza Rosalía de Castro cobrou xa unha nova vida. O Concello de Nigrán abríu onte ao público a gran torre escalable de 10 metros de altura e con forma de foguete que preside o espazo central (no mesmo lugar que ocupaba unha fonte ornamental inutilizada). Aínda que xa en uso, será inaugurado oficialmente o luns 26 de Xullo a partir das 18:30 coa presencia de ‘Benito e Rufina’, de Troula Animación.

Galego

Diarios/1 [Azul Monforte]

O libro, en palabras do xurado que lle outorgou o galardón, caracterízase pola "ambición temática”, nun fío que vai "desde a dureza dos coidados á nai anciá á reivindicación de todo tipo de relacións afectivas, salferida dun hedonismo vital e lingüístico”.

Galego

NOMES DO RIBEIRO

Presentación do libro: NOMES DO RIBEIRO

Intervirán:

  • Rita Albaldes Iglesias. Profesora de galego do IES O Ribeiro
  • Xosé Carballido Presas. Enxeñeiro da Consellería do Medio Rural
  • Secundino Lorenzo Fernández. Profesor do Instituto de Ribadavia entre 1968-1977
  • Frutos Fernández Gonzalez. Autor

Acompañamento musical por Frank Díaz Gómez

Galego

Kamikazes

Presentación do libro de poemas Kamikazes de Lino García Salgado, editado por Medulia coa participación do autor, de Antón Bao e de Brais Cortón no apartado musical.
Libro de poemas de estrutura complexa onde a musicalidade ten un compoñente esencial. Textos que transitan entre a crítica social, a ironía e unha dor que se expresa de maneira solermiña, como un regato entre as palabras.

Galego

Florilexio e Huacal

Florilexio son dez realtos con dez ilustracións, xunto cunha preciosa portada de distintos artistas nados na contorna do Atlántico.

Huacal revolle nun poemario un compendio de liteartura comprometida que trata temas coma a natureza, o feminismo, o animalismo, o urbanismo ou a arquitectura. 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación