Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Peza do mes: POTE. MODELO Nº5

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 12 de abril ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Ana María Malingre Rodríguez.

Galego

Sangre de horchata

Con ritmo de comedia e alento de drama, a escritora Luisa Castro tece unha novela sobre a ruptura dunha familia e sobre iso que nunca saberemos dos demais, o que sucede a porta pechada. Sangue de horchata conta a historia de Belén, unha moza de dezaseis anos que vive nunha casa de tolos. O seu pai, xa moi maior e en cadeira de rodas, insiste en empezar a organizar a enorme herdanza que lle corresponde. O seu irmán parece saber cousas que a ela lle oculta.

Galego

La isla del Trisquel

Gústache a intriga? E as novelas policiacas?. 

Tras a publicación da súa primeira novela: "Caléndulas" regresa coa súa nova novela "La isla del Trisquel", unha historia intrigante coa que atrapa aos lectores e lectoras nunha atmósfera perturbadora, hipnótica e irresistible que non deixa indiferente a ninguén.

Queres saber como? Pois non perdas a oportunidade de sabelo de primeira man co propio autor.

Galego

Al compás del Voodoo (religión, represión y música)

Nunha época de represión e intolerancia, a Luisiana vivía afastada e esquecida polas metrópoles coloniais. Esta laxitud foi o caldo de cultivo para a aparición do vudú, do hoodoo, do Mardi Gras?

Que tiveron en común a raíña do vudú e a Inquisición? Quen instigaron as revoltas de escravos? Como de importante foi a influencia haitiana no hoodoo? Canto lle debe o jazz á época colonial?

Galego

Presentación do libro "A muller xabaril"

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro "A muller xabaril" de Fina Casalderrey. A autora estará acompañada por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Xavier Senín, tradutor e académico correspondente, e polo director de Xerais, Fran Alonso.

O acto contará con actuacións musicais de Xacobe Medina, Iker Faure, Noemi Fernández, Lorena Varela Guzmán (piano) e Judith Rey Iglesias (frauta).

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída"

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída" elaborado polo xornalista Joel R. Gômez e publicado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPITt-CSIC) e a editora Companha, dentro da colección de divulgación “Anaina” do INCIPIT-CSIC.

O volume ten a Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero como editoras científicas, dúas investigadoras cunha longa traxectoria no traballo co patrimonio e a cultura e que acompañarán o autor no acto.

Galego

Viva a comuna!

Viva a comuna! é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepetibles como Louise Michel, Eugène Varlin, Jules Vallès, Henri Rochefort, Nathalie Lemel ou Gustave Courbet, protagonistas dun tempo de esperanza que recorda na súa orixe e no seu destino tempos históricos máis recentes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación