Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Presentación da nova guía do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña publica a súa guía, respondendo á súa vocación cultural e de servizo público, co obxectivo de dar a coñecer ao público a colección que atesora.

Tras un importante e rigoroso traballo, dirixido pola Dirección e desenvolvido polo Equipo Técnico do Museo, a guía recolle e pon en valor un gran número de pezas, documentadas e explicadas, que fan da mesma unha ferramenta fundamental para comprender non só o significado de cada unha delas, senón tamén a súa historia. 

Galego

La Excepción Ibérica 1. La Península en la Guerra Fría El telón pirenáico (1943-1949)

Irmáns menores do fascismo europeo dos anos vinte e trinta, os réximes políticos da península ibérica convertéronse nunha excepción cando ao finalizar a Segunda Guerra Mundial pasaron a dominar no continente europeo as democracias populares, ao Leste, e as democracias liberais, ao Oeste. Como foi posible que Franco e Salazar mantivésense en poder? Que fixo posible a súa pervivencia pasada a guerra?

Galego

Nigrán no camiño da costa

O Concello de Nigrán presenta este domingo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o libro 'Nigrán no camiño da costa' realizado ex-profeso para o consistorio por Ramón Quintas e Noelia Muíños, propietarios da tenda-estudio Papelier en Baiona, ambos ilustradores e deseñadores gráficos. A entrada é de balde ata completar aforo.

Galego

Maternidades virtuosas

Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal,que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo da natalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeiro fillo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación