Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Peza do mes: MANGO DE MADEIRA DO CASTRO DO CASTELO DE LAIAS

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A presentación terá lugar o mércores 8 de febreiro ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María Martín Seijo (Departamento de Ciencias Históricas. Universidade de Cantabria).

Galego

La belleza de los muertos

No libro La belleza de los muertos, o seu autor, Ildefonso Rodríguez, constrúe un relato a través de soños, palabras súas pero antigas, recordos e iluminacións diurnas, para que dous mortos queridos, un pai e un irmán, recobren por un momento os seus actos e algún resto da voz que tiveron en vida. Neste libro xúntanse afectos e tamén pequenas e grandes pertenzas, que fan da súa lectura un acompañamento sen soidade nin silencio.

Galego

Una ausencia no es un piano

Una ausencia no es un piano é un poemario sobre a perda, o dano e o reencontro cunha mesma. Unha viaje introspectiva que mira de fronte ao pasado e reconstrúe a identidade sobre as cinzas aínda ardentes. O poemario inspira o seu título nalgún dos xogos de palabras que Alejandra Pizarnik practica nos seus Diarios. A ausencia como punto de partida cara o pasado, como lugar de orixe para alcanzar a explicación do agora.

Galego

II edición do Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer

A biblioteca cede o espazo para a presentación da II edición do Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer.

Participan non acto Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e Isabel Gey, presidenta de AGADEA. 

Non salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Gala de Premios Certames DACCultura

A área de Cultura da Deputación da Coruña celebra a gran Gala de entrega de premios correspondentes ao ano 2022. Este evento xuntará no Teatro Colón a todas as persoas que participaron directamente no desenvolvemento destes premios entre xurados, comisariados e comisións lectoras- e subirá ao escenario a máis dunha ducia de persoas premiadas: escritores e escritoras, artistas plásticas, fotógrafos, artesáns, debuxantes, grupos e formacións musicais, compañías de teatro, entidades sociais que traballan a favor da cultura...

Galego

Zona de habitabilidad

"Zona de habitabilidad" é a historia dun mozo galego que chega a Canarias na procura dun cambio de contorna que lle permita á súa cabeza evadirse dos seus problemas máis recorrentes. Entre eles destacan a ansiedade crónica que o acompaña desde hai anos e a sensación de que, tras terminar a súa formación universitaria, o seu presente non se parece en nada ao futuro que imaxinou ao empezar a súa carreira.

Galego

Mulleres en Compostela

A biblioteca cede o espazo a presentación do proxecto Mulleres en Compostela. Elas tamén contaron que recolle as figuras de dezanove mulleres vinculadas a Santiago e que son referentes en diferentes ámbitos e de distintas épocas. Trátase de Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e outras moito menos coñecidas pola cidadanía, como a irmandiña Juana de Castro e a pianista Rosita López Comunión.

Galego

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: ORIXE E CONSOLIDACIÓN (1932-1982)

O xoves, 12 de xaneiro de 2023, ás 18:00 h. no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela terá lugar a presentación do libro:

“MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: ORIXE E CONSOLIDACIÓN (1932-1982)” de Aurelia Balseiro García.

Interveñen:

Mª Concepción Losada Vázquez, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego

Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego

Esperanza Gigirey Liste, presidenta do Consello Galego de Museos

Aurelia Balseiro García, autora e directora do Museo Provincial de Lugo

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación