Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Los 100 mejores documentales del Rock

Xavier Valiño é arqueólogo musical, ávido lector e viaxeiro empedernido, empezou facendo radio cando os compoñentes de Golpes Bajos daban os seus primeiros pasos na música e publicou o seu primeiro fanzine comentando o debut do grupo na Rock-Ola madrileño. Desde entón colaborou en televisión, publicou en diversos diarios e revistas («Efe Eme», «Roteiro 66», «Mondo Sonoro», «Zona de Obras», «Cadernos Efe Eme») e mantén webs como Ultrasonica.info ou Similarrock.com.

Galego

Elas teñen a palabra | Día de las escritoras en la Biblioteca de Galicia 2022: Ánxela Gracián- Paisaxes de pan

Na tarde do xoves día 13, unha escritora xa consolidada, Ánxela Gracián, presentará o seu último poemario, Paisaxes de pan, unha obra coa que nos traslada á súa infancia rural e aos recordos que compartirá nesta charla. o investigador e crítico Arming Requeixo. Paisaxes de pan é unha autobiografía poética coa que a autora regresa á súa infancia rural, tan paradisíaca como elexical, aquí recuperada como lugar de resistencia. Coa memoria como pauta, a aldea e a casa a reciben de novo porque, como dixo Baudelaire, “no fondo todos estamos determinados pola infancia”.

Galego

¿Hay alguien ahí? e Un par de ojos nuevos

Ellen Durthie nada en España pero de nacionalidade británica, é licenciada e máster en Filosofía pola Universidade de Edimburgo. Escritora, docente, blogueira e tradutora, os seus intereses céntranse na literatura infantil e na filosofía para nenos. Leva máis de quince anos desenvolvendo material para estimular o diálogo con nenos e entre nenos sobre grandes preguntas filosóficas a partir da literatura infantil e de estímulos visuais.

Galego

Presentación dos libros de viaxes de Conxita Tarruel e Rosa Pi Masvidal cun posterior coloquio

A biblioteca cede o espazo para a presentación dos libros de viaxes de Conxita Tarruel e Rosa Pi Masvidal. Ámbalas dúas son intrépidas exploradoras que nestes tempos tan cambiantes decidiron poñerse o mundo na mochila e viaxar todo o viaxable. Presas dunha fe inquebrantable e un ánimo a proba de bombas percorreron nos últimos anos Laos, Camboia, Vietnam, Tailandia, Myanmar, Benín, Burkina Faso, Sudáfrica, China, Cuba, Etiopía, Omán e Guatemala entre outros.

Ademais son escritoras, tanto de libros de viaxes como de contos, moitas veces inspirados nas súas propias experiencias.

Galego

La revuelta en la mirada

A editorial Prensas de la Universidad de Zaragoza acaba de publicar La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte, da docente María Soliña Barreiro. A investigadora, especializada no cine de vangarda, no cine das orixes e nas representacións visuais do traballo, realiza neste libro unha cartografía da produción fílmica vangardista.

Galego

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO CREBAS E O LIBRO A CAMPANA HERMÉTICA. FRANCESC TORRES

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO CREBAS E O LIBRO A CAMPANA HERMÉTICA. FRANCESC TORRES

22 setembro 2022

Horario
18:30 h

Auditorio do CGAC

Coordinación: Carmen Hermo

Prazas: Entrada libre e de balde até completar a capacidade da sala.

 

O xoves 22 de setembro ás 18:30 horas terá lugar no auditorio do CGAC a presentación de Francesc Torres. Crebas, catálogo da exposición homónima inaugurada no CGAC en 2020, e o libro de memorias do artista La campana hermética, editado recentemente polo selo Catedral do grupo Enciclopèdia Catalana.

Galego

Nossa concha de retalhos

Nossa concha de retalhos é a historia de desamor da Coralina e do Nuno, dous amantes brasileiros na cidade de Santiago de Compostela. Esta é a base para un exercicio de estilo apoiado na prosa poética, que se atreve a dialogar cos personaxes e o lector, nunha conversa que invoca referentes culturais e literarios de ambas marxes do Atlántico e que atende ás conexións entre a Galiza e o Brasil. Esta novela é xunto a Outono aquí, de Mario Regueira, o comezo da colección "Lenda Urbana" da recén creada editora Menino Morreu.

Galego

Inauguracción de 50pés Consultoras

5Opés consultoras organiza a “inauguracción” da sua constitución coma cooperativa cun evento de networking lúdico e participativo que ten por obxectivo tecer redes entre emprendedoras, dar a coñecer os seus servizos e presentar e visibilizar os proxectos das súas clientas.

O evento terá lugar o vindeiro xoves 15 de setembro ás 19:00h en A Coruña, nas instalacións de Laboratorio Escénico, outra cooperativa ubicada na rúa Luisa de Marillac, nº 12.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación