Historias de Anghram: Senam Dioris
O polifácetico autor coruñés Junn F.H. Lightnire desenvólvese comodamente entre disciplinas tan dispares como a música, o debuxo e a escritura.
O venres 17 de xuño, a partir das 19 h., vainos presentar a súa opera prima na Biblioteca Os Rosales, a súa Biblioteca de cabeceira dende a infancia: Historias de Anghram: Senam Dioris. Unha historia onde atopamos a un ferreiro en busca de xustiza. Un cabaleiro desposuído das súas honras. Un grupo de templarios na procura da verdade. Un cazador de monstros que persegue a pista dun vampiro...

