Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Embernallúas

Embernallúas é un homenage ao rural e ás nosas mulleres; as que habitaron e habítannos no mapa cromosómico que conforma a nosa identidade. O poemario nace con dous obxectivos principais, a denuncia da desertización do noso rural e darlles voz ás mulleres dese rural que se resiste á súa extinción. Embernallúas é aldea, son persoas que viviron nela, son as súas mulleres é a denuncia do éxodo e desertización do noso rural, o silenciamento das mulleres rurais, o esquecemento delas pola nosa Historia, pero tamén Embernallúas é muller que nos narra as tres etapas vitais que compoñen o libro.

Galego

A necesidade de ter un feminismo galego

Margarida Corral recolle neste exemplar un argumentario para facilitar o entendemento do contexto no que participaron moitas das feministas actuais, froito da experiencia persoal e colectiva dunha militante nacionalista e feminista do norte do país, e que desenvolve a súa actividade no sindicalismo.

No acto de presentación estará a acompañar á autora Vitoria Louro, activista histórica do movemento feminista en Galiza  e responsable de Acción Feminista da comarca da Coruña.. 

Galego

Mareira

Mareira, o seu último disco, nace tras un micromecenado, con máis de douscentos mecenas e achegas. Este traballo, cun formato diferente, é un libro de rexistro, mesturando diferentes formas de expresar a música e a emoción.
Mareira conta coa colaboración de Pablo Milanés, no conto con Rosa Aneiros e en poesía con Yolanda Castaño, ademais dun traballo audiovisual liderado por Jairo Iglesias.

Galego

Obra maestra

Juan Tallón é un narrador tan bendicido polo talento que é capaz de converter unha peluxe nun peto nun milagre literario. O que consegue cando dirixe a súa atención a un feito tan fascinante como a desaparición dunha escultura de 38 toneladas é, sinxelamente, cegadora. A escultura é Equall-Parallel/Guernica-Bengasi de Richard Serra, catro bloques monumentais de aceiro corten que se esfumaron sen deixar rastro despois de estar expostos no Raíña Sofía. Os feitos que Tallón conta son estritamente verdadeiros, aínda que hai quen poida pensar que é todo tan rocambolesco como incrible.

Galego

Portales en la niebla

Durante anos, as criaturas do outro lado conviviron connosco en segredo. Pero algo ocorreu e as máis perigosas vagan agora libres polo noso mundo, aínda que ninguén poida velas.

A vida de Kinu Horiuchi dá un novo envorco cando abandona o hospicio no que viviu durante o últimos sete anos con Helena, o seu mellor amiga, e Lin, unha pixie controladora. Por se iso fose pouco, Kinu ten a habilidade de ver ás criaturas do outro lado: seres máxicos que non sempre son tan afables como nos contos.

Galego

O sarcoma día a día

Iara Mantiñán, presidenta da Asociación de Sarcoma de Galicia (Asarga), e a larachesa Carolina Castiñeiras son as dúas protagonistas coruñesas do libro O sarcoma día a día, que edita a entidade co obxectivo de recadar fondos para a bolsa de investigación Carolina Cerdeira, e o día 4 estarán na Biblioteca Rego da Balsa para presentalo.

Son nove historias contadas por mulleres, que teñen en común que a vida das súas protagonistas era a dunhas mozas ás que, de súpeto, cámbialles a vida cun diagnóstico. 

Galego

Presentación do poemario : A vida nas botas

Presentación do poemario “A vida nas botas” de Antón Valcarce derroteiro poético pola Sacra Ribeira

O escritor e cantautor monfortino Antón Valcarce presenta o seu poemario A vida nas botas (Peruchela Edicións), inspirado na Ribeira Sacra. No acto, o autor poñerá voz e música aos poemas, reflexionando sobre a forza sonora das palabras.O acto conta cun aforo limitado polo que é preciso a inscrición previa nos teléfonos: 988 788385/386

Galego

Las hijas de Isabel II

Isabel, Pilar, Paz e Eulalia foron as fillas da raíña Isabel II. Catro mulleres moi diferentes entre si cuxa existencia transcorreu ao servizo da súa nai e do seu irmán Alfonso XII. Isabel, a Chata, era a princesa enxebre; Pilar morreu demasiado novo; Paz foi a muller bondadosa que sempre estivo pendente da familia e Eulalia, a infanta rebelde, nunca deixou de loitar pola súa liberdade. Cristina Barreiro recreou as súas vidas de novela e trazou un percorrido marabilloso a través dun século de historia, desde o nacemento da Chata en 1851.

Galego

Presentación de Cerezas sobre la muerte de Mario Obrero

A biblioteca cede o espazo á Libraría Numax para a presentación do libro de Mario Obrero Cerezas sobre la muerte, o ronsel políglota da inxustiza que inda hoxe soterra os corpos de arredor de 114.226 vítimas da barbarie franquista. Mesturando éuscaro, asturianu, català, castelán e, por suposto, galego, estas pequeñas cereixas procuran o lugar nutritivo da esperanza, o froito que non xorde baixo os asasinatos do silencio. Acompañado do editor e poeta Antón Lopo, Mario Obrero (Madrid, 2003) falará de cereixas e poesía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

Galego

Operación Marea Negra

Colombia foi a orixe, o Amazonas o inicio da viaxe, e Galicia o destino improvisado do primeiro narcosubmarino transoceánico interceptado en Europa. Esta é a historia real da fascinante travesía de tres homes que trasladaron a niveis de auga máis de 3.000 kg de cocaína durante vinte e oito días convivindo entre miseria. Pero tambien é a historia de Agustín, un excampeón de boxeo que baixou do cuadrilátero para converterse no capitán desta perigosa misión na que acabou involucrando aos seus amigos de Vigo, que non estaban chamados a ser protagonistas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación