Presentación de Cerezas sobre la muerte de Mario Obrero
A biblioteca cede o espazo á Libraría Numax para a presentación do libro de Mario Obrero Cerezas sobre la muerte, o ronsel políglota da inxustiza que inda hoxe soterra os corpos de arredor de 114.226 vítimas da barbarie franquista. Mesturando éuscaro, asturianu, català, castelán e, por suposto, galego, estas pequeñas cereixas procuran o lugar nutritivo da esperanza, o froito que non xorde baixo os asasinatos do silencio. Acompañado do editor e poeta Antón Lopo, Mario Obrero (Madrid, 2003) falará de cereixas e poesía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

