Presentación do libro Erika y la Danza de Fátima Moreno
A biblioteca cede o espazo á Academia LoDanzas para a presentación do libro Erika y la Danza de Fátima Moreno que contará coa actuación dunha bailarina en directo.

A biblioteca cede o espazo á Academia LoDanzas para a presentación do libro Erika y la Danza de Fátima Moreno que contará coa actuación dunha bailarina en directo.
Este venres contaremos coa presentación do libro da ourensá Mónica de la Torre "Una última vez".
Prazas limitadas. Inscricións chamando ao 988 78 83 85
A biblioteca cede o espazo á Libraría Numax para a presentación do último libro de Amador Fernández Savater La fuerza de los débiles.
No salón de actos. Dirixido a público adulto. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Intempestiva é a nova proposta escénica da compañía de danza urbana Elahood. Inspirada na obra e na figura de Xela Arias, Intempestiva é un espectáculo de 15 minutos de duración para espazos non convencionais. Conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación e con Gena Baamonde na dramaturxia escénica. Traslada as palabras de Xela Arias aos corpos de Elahood nunha viaxe compartida coas audiencias, desde unha ollada feminina desbordada no movemento e na danza. Sempre nas marxes, oprimidas e con falta de espazos e oportunidade de mostras a nosa identidade real.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.
Presentará o acto Ana Julia Martínez Fariña, escritora, e participarán Silvia Barbeito correctora e escritora, Rosa Salanova artista e bailarina de danza oriental, e Ricard Pérez Braña editor de Célebre Editorial
Lugar: Salón de actos
O compositor Hachè Costa presenta este sábado 17 de xullo no MARCO de Vigo unha nova creación titulada “La Mano”. A obra, unha ópera contemporánea, darase a coñecer na cidade de Vigo no seu formato discográfico, con agasallo do CD físico a todos os asistentes. Antes, o venres 16 de xullo, o acto terá lugar en Lugo, no auditorio de Casa do Saber de man da USC.
A presentación, de acceso gratuíto, terá lugar no salón de actos do MARCO – Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en compañía do propio compositor e do crítico especializado Paco Yáñez.
O investigador Pablo García Martínez estará o mércores 14 de xullo ás 19:30h na Libraría NUMAX para presentar o libro «Un largo puente de papel. Cultura impresa y humanismo antifascista en el exilio de Luís Seoane (1936-1959)», editado polo CSIC. O autor estará acompañado polas docentes Dolores Vilavedra e María do Cebreiro Rábade Villar.
Os pobos do mar, todos, sen distinción, son un na súa diversidade cando se enfrontan ao entorno que lles trae a vida e, en moitas ocasións, a morte. Os seres mariños poden ser cazadores ou presas, e as dúas cousas ao mesmo tempo. Sempre misteriosos, como o mundo que habitan. As sabias culturas ancestrais nunca os esquecen e por iso nas súas narracións anímannos a coñecelos, respectalos e mesmo imitalos para alcanzar o éxito na eterna loita pola supervivencia. Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia.
A biblioteca cede o espazo á Libraría Couceiro para a presentación dos libros "Portugal, para quê? Seis marcos no relacionamento galego-português" e "Galeguismo precário e Portugal. Entre os Jogos Florais de Tui e a Academia Galega através das revistas culturais (1891-1906)" de Elías J. Torres Feijó. Acompañan ao autor Cristina Martínez Tejero, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e Roberto Samartim, profesor da Universidade da Coruña.
Presentación do libro de poemas de Charo Pita "O cuarto de Jane" gañadora do XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que organiza anualmente o Concello de Malpica de Bergantiños e a Editorial Caldeirón.
A escritora, actriz e narradora oral nada na nosa cidade en 1966, é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Salamanca, obtivo en 2001 o Premio de Poesía Espiral Maior co libro Desde Arcadia para Govinda e é autora dunha extensa obra de literatura infantil e teatro.