Presentación de Intempériome, avance do novo EP de A banda da Loba
A biblioteca acolle a rolda de prensa de presentación de Intempériome, avance do novo EP de A banda da Loba, titulado Hasme oír, que verá a luz en abril en homenaxe a Xela Arias e apoiado pola Xunta de Galicia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021.
Ás 11:30 horas, coa participación de A banda da Loba e con motivo das vésperas do 8M e do aniversario do nacemento da autora á que a RAG lle dedica o 17 de maio.