Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Presentación "O cuarto de Jane" de Charo Pita

Presentación do libro de poemas de Charo Pita "O cuarto de Jane" gañadora do XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que organiza anualmente o Concello de Malpica de Bergantiños e a Editorial Caldeirón.

A escritora, actriz e narradora oral nada na nosa cidade en 1966, é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Salamanca, obtivo en 2001 o Premio de Poesía Espiral Maior co libro Desde Arcadia para Govinda e é autora dunha extensa obra de literatura infantil e teatro.

Galego

Presentación de Romanza de los naranjos en flor

A biblioteca cede o espazo á Libraría Couceiro para a presentación do libro Romanza de los naranjos en flor de Juan Galán. Acompaña ao autor a escritora, actriz e artista plástica Helen Bertels.

No salón de actos. Para público adulto. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Presentación da primeira edición en galego de Vinte poemas de amor e unha canción desesperada

A biblioteca cede o espazo á Libraría Couceiro para a presentación da primeira edición en galego de Vinte poemas de amor e unha canción desesperada. Intervirán no acto Armando Requeixo, profesor e crítico literario; Isabel Pintado, ilustradora; Amancio Liñares e María Rey, tradutores e editores da obra, e Valentín García, secretario xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia.

No salón de actos. Para público adulto. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo do acto.

Galego

Semana Internacional dos Arquivos na Fundación EXPONAV

O Arquivo da Fundación EXPONAV (Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas) súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Nesta ocasión presentan un vídeo para difundir as súas actividades.

Galego

Presentación do libro Quérote Canto de Baldo Ramos e Eva Veiga

A biblioteca cede o espazo á Libraría Couceiro para a presentación do libro Quérote Canto de Baldo Ramos e Eva Veiga. Acompañando aos autores estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

No salón de actos. Para público adulto. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 19h.

Galego

Vídeo promocional do Arquivo Xeral da Deputación Provincial de Lugo

O Arquivo Xeral da Deputación de Lugo súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Este ano aproveitan a efeméride para presentar un pequeno vídeo de difusión dos fondos documentais custodiados no Arquivo.

Galego

Distribución da Guía de xestión documental para os arquivos de xestión da Xunta de Galicia

A Guía, que está destinada ao persoal das oficinas de todos os departamentos que compoñen a Xunta de Galicia, pretende dar resposta ás principais cuestións relacionadas coa xestión documental, no ámbito dos arquivos de xestión ou arquivos de oficina, para asegurar unha correcta organización dos documentos que facilite o seu control e acceso e garanta a súa conservación.

Galego

Presentación do libro A los ladrones de la Ternura de Bea López Jerez

A biblioteca cede o espazo á libraría Lila de Lilith para a presentación do libro A los ladrones de la Ternura de Bea López Jerez. A autora estará acompañada de María Ángeles Iglesias e Natalia Horschovski.

No salón de actos. Para público adulto. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 19h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación