Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Gala Xuventude Crea 2020

O Plató Galicia MICE, ubicado no edificio CINC, acollerá a entrega de premios do programa Xuventude Crea 2020, que este ano acada a súa 11ª edición. É un certame de creadores novos da Consellería de Política Social, que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, e con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

Galego

Presentación de Corazón de manteiga de Xavier Queipo e Silencio de Agustín Agra

A biblioteca cede o salón de actos á libraría Couceiro para a presentación conxunta de Corazón de manteiga de Xavier Queipo e Silencio de Agustín Agra, publicadas pola editorial Galaxia

Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade. 

Galego

Estado de alarma

Retomamos esta actividade que anteriormente foi cancelada por mor da COVID-19. Trátase dun libro de artista composto por trece relatos de Clara Martín e fotografías de Plácido L. Rodríguez.

A presentación contará coa participación de Plácido Romero.

Galego

Premios da Xuventude. O novo talento

Interveñen: Rebeca Lar (primeiro premio de Fotografía Orixinal en 2018 e primeiro premio de Poesía en 2019); Ángel López Pérez (primeiro premio na categoría de Deseño e Moda en 2019), o venres, día 18 de decembro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54).

Presenta: Carmela Silva (presidenta da Deputación de Pontevedra).

Aforo restrinxido a 30 personas polas normas anti-covid.

Galego

IV Premios Spin-Off PuntoGal

O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia entregan os galardóns da cuarta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as mellores e máis innovadoras iniciativas empresariais xurdidas no ámbito das tres universidades galegas. Estes galardóns son herdeiros dos Premios Galicia Spin-Off, que en anos anteriores xa premiaron a destacados proxectos empresariais realizados en Galicia.

Galego

Isto é pop

Con Isto é pop o xornalista Javier Becerra traza un percorrido pola historia da música popular -desde Frank Sinatra a Beyoncé- pensado especialmente para os nenos. The Beatles, Aretha Franklin, David Bowie, Patti Smith e moitos outros desfilan polas súas páxinas, espléndidamente ilustradas por Catuxa Alonso. A intención? Facer clic na curiosidade dos máis pequenos e abrirlles a porta cara a un universo marabilloso.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación