Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Presentación e Faladoiro do libro: Florencio Delgado Gurriarán. Nosa Galicia é máis que toda a Terra

Este mércores conatermos cun Faladoiro-Presentación do libro da editorial Ir Indo "Florencio Delgado Gurriarán. Nosa Galicia é máis que toda a Terra". Os autores do mesmo Tania Pérez Pérez e Xosé Ramón Campos achegarannos á vida e obra de Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polas letras Galegas neste ano, poñendo de manifesto  a súa importancia e valor. 

Actividade que precisa de inscrición previa no 988 788385. 

Galego

La navidad de los lobos

O escritor e programador de cine asturiano Fran Gayo vén de publicar a súa primeira prosa coa editorial Caballo de Troya. La navidad de los lobos quería ser unha historia de terror que acabou converténdose nunha viaxe ás súas raíces onde están moi presente no relato as figuras e as personalidades das súas dúas avoas (cóntao nesta entrevista en El Diario).

Galego

Sidi, unha viaxe cara á vida

Desde un remoto lugar situado entre dous mundos, Sidi -un mozo valente e soñador- emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.

LINO BRAXE:

Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, do Centro Dramático Galego, Malbarate e outras. Tamén foi actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galicia. Dirixiu, ata o seu falecemento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Galego

O Foro fundacional de Baiona

O 7 deste mes de maio, Baiona conmemora a súa fundación mediante concesión dun foro por parte do rei Afonso IX en 1201. Mesmo que o documento orixinal está perdido, coñécese por copias realizadas, sendo a realizada a mediados do século XIX por F. Ávila y la Cueva un traballo cotexado co orixinal, que actualmente se atopa na biblioteca da Academia da Historia.

Galego

Saluda al Danubio de mi parte

O achado fortuíto dunha fotografía serve de escusa nesta novela para rescatar o século XX, cuxa sombra aínda nos ameaza. Da man dunha familia austríaca, herdeira das contradicións daquela fascinante Viena finisecular, o autor intérnase de forma pouco convencional na xeografía dos sentimentos. A profundidade e urxencia da viaxe instarano ademais a pasar a limpo, de forma inédita ata a data, as súas conviccións, dúbidas, anhelos e debilidades.

QUINITO LÓPEZ MOURELLE:

Galego

Poemario geométrico

Poemario geométrico é unha homenaxe de Rosendo Cid al libro Testamento Geométrico de Rafael Dieste. O traballo de Cid sobre o texto do escritor de Rianxo tamén é singular: somete cada unha das páxinas a un vaciado ou borrado parcial, mantendo algunhas palabras, que van formando frases e poesías soltas, unha sorte  de xeometría azarosa dos sentidos poéticos e dispersos que as propias páxinas orixinais xa contiñan non seu interior.

Galego

Linguística escreve-se com A

Os manuais de Historiografía linguística que usamos no século XXI non inclúen ningún nome feminino. Varias xeracións de mulleres conseguiron no pasado acceder a un espazo social con un lugar propio nos estudos de Humanidades. Sería de imaxinar que moitas delas tivesen escollido a Linguística.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación