Presentación

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Avelaíñas eléctricas

O libro debut de Sica Romero, «Avelaíñas eléctricas», é unha obra de non-ficción definida por ela mesma como unha novela realista. Nela están moi presentes os xogos de estilo tipográfico e a representación da oralidade e a fala da Costa da Morte. Uns recursos que emprega para contar a historia de dúas mozas, Mariña e Olivia, que rematada a carreira universitaria e que nesa nova situación intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras.

Galego

El pasajero del invierno

Descobre o escenario máxico e misterioso dos relatos do mozo coruñés Pablo L. T. Noval.

Un conxunto de relatos de diversas extensións escritos ao longo da última década. Algúns deles son moi curtos, instantáneos: unha fotografía de realidade; outros máis extensos, móstrannos un escenario máxico e misterioso onde os personaxes reais e ficticios conviven nun universo fantástico ou costumista, forxado no propio mundo do autor, que vive dacabalo entre España e Alemaña. Por iso, decidiuse publicar os textos nunha única edición bilingüe.

Galego

Mil días en la montaña. Roxe de Sebes

Fai xa bastantes anos, o escritor e filósofo Ignacio Castro Rey retirouse á montaña para intentar convertir en mundo un temor atávido, primixenio. Quixo despois facer unha crónica daqueles mil días e que publicou os libros de  FronteraD por primeira vez en 2016. Nesta publicación deu forma filosófica ao fío dese soño e preparalo para subsistir, aínda que xamais se cumplira. Como seguir sendo idealista, incluso romántico, e ao mesmo tempo participar nun universo social onde a Revolución se mostra imposible?

Galego

Los mares de Marte

A escritora Ángela Rodríguez presentará o mércores 17 de agosto ás 20:00 horas o seu primer poemario “Los mares de Marte” na Casa dos Alosno.

Ángela Rodríguez naceu en A Guarda, Pontevedra, ainda que pronto se foi vivir a Madrid. Alí finaliza actualmente os seus estudos de Literatura Xeral e Comparada, clases que compaxina coa ensinanza de español a persoas extranxeiras e as súas dúas grandes pasións: a escritura e o violín.

“Los mares de Marte” da editorial Cuadranta é o seu primer poemario.

Galego

Ese silencio

A creadora escénica Avelina Pérez procura ter nas súas obras teatrais a máxima liberdade, fuxindo das etiquetas e da necesidade de paradigma definido. Está interesada pola palabra, cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotián en extracotián, e sempre transitando por un humor acedo e duro. Concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, distorsionada, pero sempre presente.

Galego

Clepsidras

Clepsidras é un libro no que asistimos en verso real á experiencia dunha escritora que se enfronta á experimentación literaria e, simultaneamente, á descuberta da memoria persoal. Moi poucas veces se dá a oportunidade de ler a unha autora tan exposta e tan consciente da súa exploración. Sobrecolle como se desdobra en filla, nai, esposa, amante, neta. Como se mergulla na profundidade emocional e combate a presión do poema cun sorriso nos beizos. Clepsidras apreixa o tempo líquido –inapreixable– e as súas rimas cósmicas, que nos unen máis alá dos lazos de sangue.

Galego

Imos coller niños novos: os poemas galegos de Francisco de Fientosa nos cinco idiomas ibéricos

Obra publicada polo Colectivo Egeria co gallo dos 110 anos do nacemento de Francisco de Fientosa, que se cumpriron o pasado 22 de maio, e preto dos 86 anos do pasamento do escritor.

A publicación inclúe o estudo do profesor Xosé Otero Canto, o limiar "Versos e ausencia: Cartografía literia do Lorca Galego" de Ricardo Polín, un traballo de Otero Canto sobre "Francisco de Fientosa e Crecente Vega, unidos pola Ponte de Outeiro", e a versión en castelán, catalán, vasco e portugués que proporcionan unha dimensión inédita para a poesía en galego do escritor da Ponte de Outeiro.

Galego

Bajo el limonero

Baixo o limonero, ou como revisar o Pacífico colombiano a través dunha relación epistolar. Esta é a idea que mellor resume o que o lector se atopará se decide penetrarse na novela de Stella Estrada: unha obra que combina maxistralmente a axilidade do xénero epistolar coa profundidade da prosa que, aínda desprovista de calquera adorno superfluo, cincela con precisión cirúrxica e unha intelixencia entre irónica e nostálxica os personaxes e situacións que poboan os seus recordos. 

Galego

Atalaia/Piueiro

Creada por Xisela Franco, a peza será presentada este venres 17 de xuño ás 20.30h no Centro Cultural da Guarda. Tras a presentación da creación audiovisual na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, o pasado 23 de marzo, a autora culmina coa súa obra definitiva estreándoa na vila protagonista, A Guarda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Presentación