En(t)redados e(n) palabras | Día da Poesía
A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día da Poesía, organiza esta actividade na que se presentará a historia de “Zimbo”, de Arturo Abad e Joanna Concejo, un álbum ilustrado de profundo contido poético e narrativo no que a dozura e a delicadeza das imaxes acompañan á perfección a prosa rítmica do texto, que será o detonante para a creación.

